Raúl Gómez Pato
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2016.) |
Raúl Gómez Pato, nado en Ourense en 1966, é un poeta e tradutor galego. Dende finais de 2020 ocupa a presidencia da Asociación de Tradutores Galegos[1].
Raúl Gómez Pato | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1966 |
Ourense | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | poeta |
Irmáns | Rosa Marta Gómez Pato |
Xéneros | Poesía e tradución |
Estudos | Filoloxía Clásica |
Premios | I Premio Xosé María Díaz Castro de poesía
Finalista do VI Certame de Poesía Xosé Manuel López Ardeiro VII Certame de Poesía Xosé Manuel López Ardeiro. II Premio de poesía Florencio Delgado Gurriarán |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Licenciado en Filoloxía Clásica pola Universidade de Santiago de Compostela, imparte clase de Latín e Grego. Realizou varias exposicións como pintor e gravador, e ilustrou libros e revistas. Como poeta publicou cinco libros. Traduciu ao galego un bestiario medieval, a obra completa de Safo, unha antoloxía do poeta escocés Robert Burns, e a primeira parte da obra de Nicolás Chamfort, Produtos da civilización perfeccionada.[Cómpre referencia]
Desde 2015 dirixe a colección Vetera da Editorial Rinoceronte, destinada á tradución á lingua galega de textos anteriores ao ano 1900.[Cómpre referencia]
ObraEditar
PoesíaEditar
- Choiva, vapor e velocidade, 1999, Positivas.
- A casa deshabitada da familia Pena, 2001, Positivas.
- Verba quae supersunt, 2003, Positivas.
- Tratado de Zooloxía para corazóns mancados, 2009, Positivas.
- Máscaras de espellos, 2016, Espiral Maior.
- Círculo, 2019, Positivas.
- Sal, auga, vinagre, 2019, Medulia Editorial.
Literatura infanto-xuvenilEditar
- Cousas de papá, 2016, Xerais.
TraduciónsEditar
- Libellus de natura animalium = Libriño sobre a natureza dos animais (un bestiario medieval), 1999, Positivas.
- Cantos e fragmentos, de Safo, 2008, Positivas.
- Unha rosa encarnada, de Robert Burns, 2014, Positivas.
- Produtos da civilización perfeccionada (I. Máximas e pensamentos.Pequenos diálogos filosóficos), de Nicolas Chamfort, 2016, Rinoceronte.
- O castelán de Coucy e a dama de Fayel, de Jakemés, 2017, Rinoceronte.
- Libro de emblemas, de Andrea Alciato, 2019, Rinoceronte.
- Historias, I e II, de Heródoto, 2020, Rinoceronte.
Obras colectivasEditar
- Xuro que nunca volverei pasar fame, 2003, Difusora.
- Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006, Difusora.
- Polifonías II. Voces poéticas contra a violencia de xénero, 2007, Espiral Maior.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
- Antonio Fernández Morales, autor berciano. Bicentenario do seu nacemento (1817-2017) (Edicións Fervenza, 2017).
- Arrincando marcos 2019 (Positivas, 2019).
PremiosEditar
- I Premio Xosé María Díaz Castro de poesía do Concello de Guitiriz en 2016, por Máscaras de espellos.
- Finalista do Sexto Certame de Poesía Xosé Manuel López Ardeiro no 2017, por Círculo.
- Primeiro premio do VII Certame de Poesía Xosé Manuel López Ardeiro no 2018, por Residuos de chamas.
- Gañador do II Premio de poesía Florencio Delgado Gurriarán no ano 2019 polo poema Vinte, desolación.
NotasEditar
- ↑ Chío coa nova no perfil de Twitter da Asociación.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Raúl Gómez Pato na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.