Radar Imaging Satellite

(Redirección desde «RISAT 1»)

Radar Imaging Satellite ou RISAT é o nome dunha serie de satélites de observación indios mediante radar.[1]

RISAT 2BR1 antes do lanzamento.

Características editar

Os satélites RISAT son satélites gobernamentais construídos pola ISRO e adicados á observación terrestre mediante radar para o estudo da Terra, o descubrimento e xestión de recursos, para o control da agricultura e do bosque, a medición da humidade do solo, para facer estudos xeolóxicos, do xeo marino, o control das costas e a axuda en emerxencias. Tamén teñen aplicación militar.[1]

RISAT 1, 1A e 1B editar

Os dous primeiros satélites RISAT foron lanzados en 2012 e 2022 respectivamente a bordo de foguetes PSLV-XL desde o Centro Espacial Satish Dhawan. Un terceiro está pendente de ser lanzado. Usan radar de apertura sintética en banda C e teñen unha masa de 1858 kg. Estabilízanse nos tres eixos e están formados por un prisma aproximadamente hexagonal unido a un cilindro ao que tamén vai unido unha parte con forma de cubo. A maior parte dos sistemas están integrados no prisma e no cilindro, mentres que os paneis solares e algúns subsistemas están no cubo. RISAT 1 foi posto fora de servizo en 2017.[2][1]

RISAT 2, 2B, 2BR1 e 2BR2 editar

RISAT 2 foi lanzado o 20 de abril de 2009 mediante un PSLV-CA e usa un radar en banda X comprado a Israel debido aos atrasos sufridos por RISAT 1. O radar está baseado no satélite TECSAR 1, mentres que o bus é completamente indio.[3][1]

RISAT 2B, 2BR1 e 2BR2 foron lanzados respectivamente o 22 de maio de 2019, o 11 de decembro de 2019 e o 7 de novembro de 2020. Os satélites teñen unha masa duns 600 kg e usan tamén o radar israelí. O bus ten forma hexagonal.[4][1]

Historial de lanzamentos editar

Misión[1][2][3][4] Data de lanzamento[1][2][3][4] Foguete lanzador[1][2][3][4] Notas[1][2][3][4]
RISAT 2 20 de abril de 2009 PSLV-CA Éxito
RISAT 1 26 de abril de 2012 PSLV XL Éxito
RISAT 2B 22 de maio de 2019 PSLV-CA Éxito
RISAT 2BR1 11 de decembro de 2019 PSLV-QL Éxito
RISAT 2BR2 7 de novembro de 2020 PSLV-DL Éxito
RISAT 1A 14 de febreiro de 2022 PSLV XL Éxito

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Mark Wade (2023). "RISAT 1, 1A" (en inglés). Consultado o 13 de outubro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "RISAT 1, 1A, 1B (EOS 04)" (en inglés). Consultado o 13 de outubro de 2023. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "RISAT 2" (en inglés). Consultado o 13 de outubro de 2023. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "RISAT 2B, 2BR1, 2BR2 (EOS 01)" (en inglés). Consultado o 13 de outubro de 2023. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar