O RFA Argus é un buque da Royal Auxiliary Fleet (Frota Auxiliar) do Reino Unido, membro da Royal Navy.

RFA Argus (A135)
Historial
Tipo buque hospital (non oficial, polo 2º convenio de Xenebra)
Botado 1981
Asignado 1 de xuño de 1988
Características xerais
Eslora 175,1 m
Manga 30,4 m
Calado 8,1 m
Armamento • 2 x canóns Oerlikon 20 mm en afustes GAM-BO1
• 4 x metralladoras de 7.62mm
Propulsión 2 x motores diésel Lindholmen Pielstick
Tripulación • 80 RFA
• 50 RN
• 137 complemento aéreo da RN (en operacións aéreas)
• 200 persoal médico (en operacións humanitarias)
Aeronaves Tres puntos de aterraxe para helicópteros Westland Sea King, CH47 Chinook, Westland Merlin, WAH-64 Apache ou Westland Lynx

Historia editar

Fabricado e botado en Italia, o Argus era orixinalmente un buque portacontedores co nome de MV Contender Bezant. O buque foi requisado polo goberno británico en 1982 para participar na Guerra das Malvinas e adquirido en 1984 para o seu uso como buque adestramento aeronaval, en substitución do RFA Engadine.

Funcións hospitalarias editar

En 1991, durante a Primeira guerra do Golfo, o Argus foi equipado cun hospital de campaña completo, asumindo as funcións dun buque de referencia para a recepción de feridos de combate. En 2009 esa función converteuse na principal do barco.[1]

Ao levar armas a bordo, a Segunda Convención de Xenebra impide que o RFA Argus sexa oficialmente clasificado como buque hospital.[2][3]

Rescate de mariñeiros galegos editar

O 2 de febreiro de 1998, o RFA Argus participou no rescate do buque Delfín del Mediterráneo, que se afundira durante unha tormenta, a 248 millas ao suroeste do cabo de San Vicente nas coordenadas 34° 34' N, 13° 04' W. O barco despregou os seus helicópteros e, a pesar das ondas de até 40 pés (aproximadamente 12,2 m), logrou rescatar a doce mariñeiros do barco, dez deles galegos. Outros dous membros da tripulación faleceron. En marzo de 1998, o capitán do RFA Argus recibiu a Medalla de Prata de Galicia das mans do presidente Manuel Fraga, en nome do buque e da súa tripulación.[4]

Notas editar

  1. "Casualty Ship (RFA Argus)" (en inglés). royalnavy.mod.uk. Consultado o 17 de octubre de 2014. 
  2. "World Wide Hospital Ships" (en inglés). globalsecurity.org. Consultado o 17 de octubre de 2014. 
  3. Jones, Ian (septiembre de 2000). "Surgery on ships: constraints and difficult realities" (PDF) (en inglés). defence.gov.au. Consultado o 17 de octubre de 2014. 
  4. "RFA Argus and the Silver Medal of Galicia". Historical RFA (en inglés). 2011-07-20. Consultado o 2024-03-05. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar