O Westland Lynx é un helicóptero militar multipropósito británico deseñado e construído por Westland Helicopters na súa fábrica de Yeovil. Orixinalmente pretendía ser un aparello utilitario tanto para uso civil como naval, pero o interese militar fixo que se desenvolvese tanto para uso naval como para o campo de batalla. O Lynx entrou en servizo en 1977 e posteriormente foi adoptado polas forzas armadas dunha ducia de países, servindo principalmente como helicóptero utilitario no campo de batalla, anti-blindaxe, busca e rescate e guerra antisubmarina.

Westland Lynx
Tipohelicóptero militar multipropósito
FabricanteWestland Helicopters
AgustaWestland
Primeiro voo21 de marzo de 1971
Introducido1978
Produción1978 - presente
Unidades construídas450 (en 2009)[1]

O Lynx é un helicóptero con capacidades acrobáticas coa habilidade de realizar loops e toneis.[2] En 1986 un Lynx especialmente modificado estableceu o récord de velocidade para helicópteros (na categoría que exclúe aos helicópteros compostos) da Fédération Aéronautique Internationale, acadando os 400,87 km/h,[3][4] que no 2020 permanecía imbatido.[5]

Fabricáronse varias versións terrestres e navais do Lynx xunto con algúns derivados maiores. O Westland 30 fabricouse como un helicópter utilitario civil; non tivo un grande éxito comercial e só se fabricaron 41 unidades nos anos 80. No século XXI deseñouse unha versión modernizada do Lynx como un helicóptero de combate multi-rol, designada AgustaWestland AW159 Wildcat, que substituirá aos Lynx aínda en servizo. O Lynx segue sendo fabricado por AgustaWestland, o sucesor de Westland Helicopters.

  1. Gibbings 2009, p. 140
  2. Jeram-Croft, Larry,. The Royal Navy Lynx : an Operational History. Barnsley, South Yorkshire. ISBN 978-1473862517. OCLC 990609785. 
  3. "Fai Record File". web.archive.org. 2013-12-03. Archived from the original on 03 de decembro de 2013. Consultado o 2020-12-04. 
  4. "AgustaWestland G-Lynx helicopter to be recognised for maintaining world speed record since 1986". Western Gazette. 2014-12-28. Archived from the original on 28 de decembro de 2014. Consultado o 2020-12-04. 
  5. "Helicopter speed record 30th anniversary". BBC News (en inglés). Consultado o 2020-12-04.