Rúa dos Cesteiros (Vigo)

rúa en Vigo

Coordenadas: 42°14′20″N 8°43′35″O / 42.238896503148, -8.7263517065561

A rúa cesteiros é unha vía urbana peonil situada no casco vello de Vigo. Trátase dunha calella que recibe o seu nome do antigo comercio de cestas de palangre, patelas e outros aparellos que proporcionaban aos mariñeiros da cidade olívica.

Rúa Cesteiros
Tipoloxíacalexón
Localización
LocalidadeVigo

Comunica coa praza da Constitución e a da Almeida, e tamén coa rúa de Méndez Núñez. Ao final da rúa atópase coa Casa de Ceta, un singular pazo urbano do século XV situado na Praza de Almeida.

Historia

editar

Malia ser unha rúa onde tradicionalmente se localizaban os negocios de cesterías que daban nome á rúa, non recibiu dito nome até o ano 1981, cando ditos negocios xa foran desaparecendo. Nun primeiro momento denominouse rúa da Amargura, e posteriormente, en 1898, mudou á denominación de rúa de Emilio Rubín.[1]

O oficio da cestería tivo un grande auxe na cidade debido a que os seus apeiros eran empregados tanto na agricultura coma na pesca. A meirande parte das familias que se adicaban á cestería proviñan de Portugal, de grande tradición cesteira, e os coñecementos e habilidades transmitían de pais a fillos, que comezaban desde moi cativos no obradoiro. Os aparellos feitos de vimbio eran empregados para fabricar cestas e nasas de mimbre, cestas de palangre e patelas traíñas, un cesto para transportar o peixe. No seu máximo esplendor, chegaron a coexistir até oito obradoiros con máis de dous centos de traballadores.[2]

Coa chegada do plástico como principal material pesqueiro, así como a tecnificación e modernización dos aparellos, o oficio dos cesteiros foi minguando até case desaparecer. A principios da década dos 2020, só quedaba en Vigo unha familia de cesteiros. Trátase do artesán de orixe portuguesa, Antonio Suárez Davila, cuxa familia emigrar dunha aldea lusa en 1905. Desde entón, os obxectos de cestaría están dirixidos á venda ornamental e o turismo.

Galería de imaxes

editar
  1. Guizán, Laura. "Rúa Cesteiros: unha viaxe ao pasado artesán de Vigo.". El Español. Consultado o 6 de xullo de 2024. 
  2. "Rúa Cesteiros". Concello de Vigo. Consultado o 6 de xullo de 2024. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar