Río Tunjuelo

río de Colombia

Coordenadas: 4°18′25″N 74°07′50″O / 4.30708333, -74.13061111

O río Tunjuelo ou Tunjuelito é un río que atravesa as localidades de Sumapaz, Usme, Ciudad Bolívar, Tunjuelito, Kennedy e Bosa da cidade de Bogotá e unha mínima extensión en Soacha. A súa conca alberga a preto de dúas quintas partes da poboación total da cidade. Ten unha lonxitude de 73 km e, despois do río Bogotá, é o segundo maior da cidade. En 1930 empregáronse as súas augas para abastecer o seu primeiro acueduto. Desemboca no río Bogotá.

Conca baixa do río Tunjuelito entre Bosa e Kennedy.

Etimoloxía editar

Os nomes Tunjuelo e Tunjuelito derivan de Cerro de los Tunjos, que recibe o seu nome dos tunjos, figuras votivas relixiosas dos muiscas, que habitron na rexión da sabana de Bogotá antes da conquista española.[1]

Percorrido editar

 
O río Tunjuelo no límite entre as localidades de Ciudad Bolívar e Tunjuelito.

Nace no encoro de Chisacá, localizado no páramo de Sumapaz no extremo sueste de Bogotá, e na fronteira da localidade de Bosa (antiga verea San Bernardino) co concello de Soacha (verea Bosatama) desemboca no río Bogotá, que á súa vez é afluente do río Magdalena.

Contaminación editar

Dende os anos 1960 presenta unha problemática ambiental grave, que se fixo evidente nos anos 1980. As súas causas son a construción de canteiras na zona, o crecemento urbano non planificado, e a industrialización do sector, con procesos altamente contaminantes como a preparación de deterxentes e a industria de curtume.

Polo seu nivel de contaminación e de degradación adoita causar importantes problemas durante as súas enchentes.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Osorio Osorio, 2007, p.29

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Bibliografía editar