Río Te
O río Te ou río da Torre é o principal curso de auga que atravesa a parroquia de Taragoña. Non obstante, é un pequeno río galego da provincia da Coruña, que desauga no Atlántico, na ría de Arousa, ademais de ser o que segue en importancia ao río Ulla no concello de Rianxo.
- Si o río de Te/ fora de coñá/ máis de catro mozos/ irían alá [1].
Tipo | río | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
División administrativa | Provincia da Coruña, España | |||
Final | ||||
División administrativa | Provincia da Coruña, España | |||
Localización | ría de Arousa | |||
| ||||
Características | ||||
Dimensións | 9 () km | |||
Percorrido e afluentes
editarNace ao pé do monte Muralla, da parroquia de Araño e preto do seu linde co de Lousame, entre 400 e 500 m de altitude. Está alimentado pola súa dereita polo río Bexa, procedente dos altos de Campelo, e pola súa esquerda polo regato da Devesa. Recibe logo, pola dereita, auga dos regatos Muíño do Conde, Batán, Muíños e Floxo. Cruza a demarcación mucicipal rianxeira de noroeste a suroeste, bañando as parroquias de Asados, Araño, Rianxo e Taragoña. Durante un curto tramo fai de linde entre os municipios de Rianxo e Dodro, mais practicamente os seus 9 km de percorrido transcorren dentro do concello rianxeiro, onde desemboca no lugar do Pazo, freguesía de Rianxo, na beira dereita da ría de Arousa, formando alí un profundo pozo. Asemade, alí está localizado o castelo da Lúa. Nas preamares de mareas vivas é navegábel para pequenas embarcacións e botes, que poden ascender ata a Ponte de Te.
Galería de imaxes
editar- Vexa o artigo principal en Galería de imaxes do río Te
Notas
editar- ↑ Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 187.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ruta polo río Te do programa Apego Arquivado 18 de outubro de 2021 en Wayback Machine.