O río Susquehanna (en inglés Susquehanna River) é un río da vertente Atlántica dos Estados Unidos que nace no estado de Nova York, atravesa o de Pensilvania e desemboca na baía Chesapeake, en Maryland. É un dos ríos máis longos do leste da nación, con preto de 715 km de lonxitude. Drena unha conca de 71 225 km². Ten un importante afluente, o West Susquehanna, que se lle une pouco antes da cidade de Williamsport (Pensilvania).

Modelo:Xeografía físicaRío Susquehanna
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
ContinenteAmérica do Norte Editar o valor en Wikidata
División administrativaNova York, Estados Unidos de América, Pensilvania, Estados Unidos de América e Maryland, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaMaryland, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónBaía de Chesapeake (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°42′02″N 74°55′10″O / 42.7006, -74.9194
39°32′35″N 76°04′32″O / 39.5431, -76.0756
Afluentes
59
Conca hidrográficaSusquehanna River drainage basin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións715 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica71.225 km² Editar o valor en Wikidata
National Natural Landmark
IdentificadorSUWA-PA
Medicións
Caudal1.135 m³/s Editar o valor en Wikidata

O 11 de setembro de 1997 o presidente Bill Clinton designou o curso alto deste río como un dos catorce que integran o sistema de ríos do patrimonio estadounidense.

O río Susquehanna orixínase como emisario do lago Otsego, no corazón do estado de Nova York, zigzagueando a través dos montes Apalaches antes de desaugar no interior da baía Chesapeake polo norte. Aínda que nunca foi unha importante vía fluvial debido aos seus obstáculos (como rápidos), o seu val foi algunha vez unha significativa ruta para o sistema acuífero do río Ohio e despois converteuse nunha rexión de extracción carbonífera.

O Susquehanna flúe desde a parte sueste do estado de Nova York cara á parte central do estado de Pensilvania.

Historia

editar

Moitos eventos clave na historia da chamada Igrexa de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días tiveron lugar nas ribeiras do río, preto de Harmony, Pensilvania. Sentíndose perseguido en Palmyra (estado de Nova York), Joseph Smith levou á súa esposa a Harmony. Mentres estaba alí, Joseph e Oliver Cowdery continuaron a obra de traducir as chamadas "Pranchas de Ouro". O 15 de maio de 1829, mentres Joseph e Oliver traducían, atoparon unha pasaxe nas Escrituras que se refería ao bautismo. Tentando descifrar o que respecto diso vían como enigma na vontade de Deus, apartáronse ás ribeiras do Susquehanna para porse a orar. Segundo a tradición da citada Igrexa, «recibiron a visita dun anxo, quen se identificou como Xoán o Bautista, e conferiulles o Sacerdocio Aarónico». Posteriormente, seguindo o que eles crían instrución expresa do mensaxeiro celestial, bautizáronse mutuamente nas augas do río.

Véxase tamén

editar