Río Outón

curso fluvial galego

O río Outón é un afluente do Grande pola marxe dereita. A fervenza de Entrecruces atópase no seu curso.

Río Outón
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaGalicia Galicia
NacementoPreto de Ferrol, Rus (Carballo), ó pé do Monte de Alborín[1][2]
Altitude422 m [2]
DesembocaduraRío Grande
Altitude desembocadura172 m [1][2]
Cadea fluvialRío Outón,
Río Grande,
Río Rosende,
Río Anllóns
Conca do Río Anllóns marcada en azul escuro

Curso editar

Nace a 422 m ó pé do monte Alborín, preto de Ferrol, Rus (Carballo) e pasa polo Outón (Carballo) e pola Torre (Tordoia).[1] Na ponte de Ouxas recibe pola dereita o río de Calvos e pola esquerda o río Cativo, nunha paraxe dominada polo castro de Ouxas.[1][3][4] A partir deste punto descende rapidamente para formar un pequeno canón na presa de Sánchez (antiga central hidroeléctrica de 1915 que abasteceu a Carballo), que remata na fervenza de Entrecruces, un conxunto de saltos naturais de 50 m de altura total.[1] Finalmente descende entre rápidos ata o val do río Grande, onde desemboca entre San Paio e Férveda, na parroquia de Entrecruces (Carballo).[1]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Instituto Geográfico Nacional de España. "SIXPAC, coordenadas 43°07'14.9"N 8°37'16.1"W" (Mapa). Visor SIXPAC. Consultado o 08/06/2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Xunta de Galicia. "Mapa de fondo: Mapa Base Vectorial" (Mapa). Mapa Base Vectorial con capas de Hidrografía. 1:2.257. Información Xeográfica de Galicia. Consultado o 8/05/2016. 
  3. La Voz - Carballo (27/03/2006). "El Seprona ya ha realizado varias inspecciones en el castro de Ouxas". La Voz de Galicia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25/06/2015. Consultado o 12/05/2016. 
  4. Xan X. Fernández Carrera (29/03/2006). "O Castro de Ouxas". La Voz de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 26/06/2015. Consultado o 12/05/2016. 

 
 Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.