Río Büyük Menderes
O Büyük Menderes, en grego antigo Μαίανδρος Máiandros, en latín Maeander, Maeandrus ou Maeandros, é un río de Turquía con 548 km de longo e 23.900 km² de conca. O seu nome significa Gran Meandro, pois oponse ao Küçük Menderes ou pequeno Meandro, outro río turco, que se corresponde co antigo río Caistro.
Büyük Menderes | |
---|---|
![]() O Meandro visto desde Priene | |
País | Turquía |
Nacemento | Dinar |
Altitude | 2.309 msmn |
Lonxitude | 548km |
Conca | 23.900 km² |
Caudal medio | 90 m³/s |
Desembocadura | Mar Exeo |
Nace no altiplano de Anatolia, preto de Dinar (antiga Apamea). Recibe diversos afluentes como o Kufi Çayi, o Banaz Çayi e o Çuruk Su (antigo Licos, grego Λύκος Lykos). Pasa polas ruínas de Magnesia do Meandro e desemboca no mar Exeo a uns 10 km ao sur de Balat, a antiga Mileto (medieval Palatia). Os seus sedimentos fixeron avanzar a costa considerabelmente (uns cantos metros cada ano).
HistoriaEditar
O Meandro foi un importante río de Asia Menor que nacía na Frixia preto da antiga Celaenae (nun palacio dos reis persas) e desembocaba no mar Exeo en Caria. As fontes do Marsias estaban próximas e ámbolos dous nacían no monte Aulocrene. Os principais afluentes eran o Orgias, Marsias, Cludros, Leteo e Gaeson, ao norte, e o Obrimas, Licos (Lykos), Harpasos e outro Marsyas ao sur.
Mileto era un porto no -500 e no século seguinte xa era unha cidade interior. O emir de Mentese a principios do século XIV servíase de Balat para as súas expedicións, xa que se podía chegar ata alí en pequenas embarcacións a remontar o río, pero logo veu máis proveito no comercio e asinou un tratado con Venecia no 1355, que puido abrir un consulado en Balat; Esta localidade aínda tiña un comercio apreciábel no 1671/1672, cando a visitou Evliya Çelebi, pero a continua sedimentación no esteiro obrigou a abandonar o comercio e a localidade en beneficio de Esmirna. A primeira vía férrea de Turquía en 1857 ía de Esmirna a Aydin na ribeira do río Büyük Menderes. Hoxe, grazas a obras de irrigación no río e en afluentes como o Kemer Baraji e outros, é unha das zonas con maior densidade de poboación de Turquía.