Río Li Jiang
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
O Li Jiang ou Lijiang (río Li) (en transcrición pinyin: Lí Jiāng) é un río de Guangxi, China, afluente do Xi Jiang, ao que rende as súas augas despois de 437 km de percorrido.
Tipo | río ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
País da cunca | República Popular da China ![]() | |||
División administrativa | República Popular da China ![]() | |||
Final | ||||
Localización | Gui River (en) ![]() ![]() | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Características | ||||
Dimensións | 164 (![]() | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 19.025 km² ![]() | |||


Curso
editarO Li Jiang orixínase nas Montañas Mao'er no distrito de Xing'an, atravesa Guilin, Yangshuo e Pingle, até se unir con Xi Jiang, o tributario occidental do río das Perlas en Wuzhou.
O seu percurso de 437 km está flanqueado por grandes tesos calizos. A pesca con cormorán asóciase a miúdo co Li Jiang. A infrecuente topografía cárstica dos tesos ten sido comparada coa moi similar da baía de Halong, en Vietnam[1].
Paisaxes do Li Jiang
editarAo longo dun tramo de 100 km do Li, semellan erguerse no ceo, que tornan este treito nunha das máis famosas das áreas paisaxísticas da China. Entre outros puntos da zona pódense destacar:
- A Rocha Frauta de Cana: unha cova calcaria cun elevado número de estalactitas, estalagmitas, estalacto-estalagmitas, cortina pétreas e corais de caverna.
- O Parque Sete-Estrelo : o maior parque de Guilin.
- A Montaña do Espléndido Hues: un monte composta de varias capas de rochas de variadas cores.
- O Outeiro da Trompa do Elefante: un teso con aspecto dun xigantesco elefante a beber auga coa súa trompa. É o símbolo da cidade de Guilin.
- O Canal Lingqu: escavado en 214 a.C. é a canle máis antiga, en funcionamento, do mundo e un dos tres grandes proxectos mediambientais referidos á auga da antiga China.
- Outros sitios pintorescos son : o Pico Duxiu, o Parque Nanxi , o río Taohua, o Xigante Banyan e máis o Parque Nacional Folclórico Huashan-Lijiang.
Galería fotográfica do Li
editar-
Notas
editarVéxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Río Li Jiang |
Ligazóns externas
editar- (en inglés) Guilin e o Parque Nacional do Li Jiang Arquivado 09 de decembro de 2010 en Wayback Machine.