Xi Jiang
O Xi Jiang (literalmente «río do oeste»; en pinyin : Xī Jiāng, en pinyin 西江, transcrito en Wade-Gilles Si Kiang, e ás veces dito «Hsi Jiang») é un río do sur da China, que ten un curso de 2197 quilómetros O Xi Jiang é o terceiro dos ríos máis longos da China, tras o río Yangtzé e o río Amarelo.
(zh) 西江 | ||||
Tipo | río | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
Continente | Asia | |||
División administrativa | Provincia de Cantón, República Popular da China e República Popular da China | |||
Final | ||||
División administrativa | Guizhou, República Popular da China | |||
Localización | Río das Perlas | |||
| ||||
Afluentes | Rio Beipan (pt) , Bei River (en) , Xunjiang (en) , Gui River (en) , Yuecheng River (en) , Xinxing River (en) , Luoding River (en) | |||
Características | ||||
Dimensións | 2.197 () km | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 437.000 km² | |||
Medicións | ||||
Caudal | 7.410 m³/s | |||
Ao longo do seu curso recibe nomes diversos. Primeiro é o de Nanpan, despois o de Hongshui e Xun, para finalmente ser o Xi Jiang.
Curso
editarO Xi nace no oeste da provincia de Yunan, en Llanwan Shan. As súas fontes áchanse ao nordeste de Kunming e algo ao norte de Qujing. Desde aí as súas augas atravesan as provincias de Yunan, Guizhou e máis Guanxi, formando o seu leito o límite entre esta última e a de Guangdong. Flúe primeiro en dirección sur, para encurvarse cara ao oeste desde Wuzhou. Logo xa no tramo final divídese en varios brazos, o máis importante dos cales atravesa Jiangmen, e deixando Macau a oeste, desauga no mar da China Meridional.
O río das Perlas
editarUn dos brazos do seu treito baixo, únese co Dong Jiang ("río do leste") e co Bei Jiang ("río do norte"), converténdose entón no Zhu Jiang ou río das Perlas, que atravesa a cidade de Cantón, e forma un amplo estuario tamén sobre o mar da China Meridional.
Navegabilidade
editarEn numerosos tramos do seu curso o Xi Jiang é navegábel, mais desde a súa desembocadura barcos de calado mediano só poden remontar uns 150 km río arriba, porén, por medio dos seus afluentes, en especial a través o Li Jiang, pódese chegar até o transpaís con maior facilidade.
Afluentes
editarOs máis importantes son:
Cidades importantes no curso
editarHomónimos
editarExiste outro río Xi, un afluente menor do río Jiulong, no noroeste de Xiamen.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: China |