Río Kapuas
Kapuas (en indonesio: Sungai Kapuas) é un longo río que discorre pola parte occidental da illa de Borneo, en Indonesia, sendo o río máis longo localizado nunha illa (un pouco máis longo que o río Sepik, na illa de Nova Guinea). Ten unha lonxitude de 1.143 km.
Río Kapuas | |
---|---|
![]() Vista do río Kapuas | |
País | Indonesia |
Rexión | Kalimantan Occidental |
Nacemento | Kapuas Hulu |
Lonxitude | 1.143 km |
Conca | 98.749 km2 |
Desembocadura | Mar da China Meridional |
XeografíaEditar
O río Kapuas nace nos montes Kapuas Hulu, preto da fronteira da provincia de Sarawak (Malaisia), e flúe sempre en dirección oeste. É o principal río da parte parte occidental de Borneo e atravesa a provincia de Kalimantan Occidental. Desemboca no mar da China Meridional a uns 20 km da cidade de Pontianak. O río Kapuas, na rexión do lago Sentarum, é unha reserva natural protexida, unha extensa área de zonas húmidas e lagos de auga doce e bosques inundados de forma intermitente.
Kapuas é navegable na maior parte do seu curso e é unha arteria clave no tráfico do oeste de Borneo. Utilízase para dar saída á madeira da illa e permite acceder a moitas plantacións situadas no curso do río. O río é atravesado por unha ponte na cidade de Sanggau, a uns 400 km da súa desembocadura.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Kapuas |