Río Iso

curso fluvial galego

O Iso é un río galego da provincia da Coruña, afluente do Ulla pola súa marxe dereita.

Río Iso
Ponte sobre o río Iso
PaísGalicia Galicia
Lonxitude23 km
Conca166,5 km²
Caudal medio4,72 m³/s
DesembocaduraRío Ulla

Percorrido

editar

O Iso nace a 580 m de altitude, e logo dun percurso de 23 km, no que atravesa os concellos de Boimorto e Arzúa, únese ao Ulla no encoro de Portodemouros, contribuíndo cun caudal de 4,72 m³/s. A súa conca abrangue unha área de 166,5 km². Cara á desembocadura, na parte encorada do seu percorrido, sitúase no medio do río a illa da Altura.

Afluentes

editar

Pola dereita recibe as augas dos regos da Cañota, Carracedo ou de Brandeso. Pola esquerda acolle o rego Rendal, o Ribeiral e, xa no encoro, o río Boente e o rego do Muíño.

Réxime

editar

O Iso é un río de réxime pluvial.

Étimo

editar

O nome do Iso semella responder á raíz indoeuropea *eis- "correr velozmente", presente en gran número de hidrónimos europeos: Isar, Isère, Ésera etc. En Galiza este étimo tamén está na orixe de Ézaro, o antigo nome do Xallas.

Relevancia histórica

editar

Nun diploma da raíña Urraca, expedido o 13 de xuño de 1120, estabeleceuse neste río o límite oriental da Terra de Santiago. Os demais límites quedaban conformados polos ríos Ulla, Tambre e a costa atlántica[1].

  1. Portela Silva, Ermelindo (2016). Diego Gelmírez (c. 1065 - 1140): El báculo y la ballesta (en Castelán). Marcial Pons. p. 61. ISBN 9788416662722.