O Inn (latín: Aenus;[1] romanche: En) é un río que atravesa Suíza, Austria e Alemaña. É un afluente pola dereita do Danubio e ten unha lonxitude de 517 km. O punto máis alto da súa bacía fluvial é Piz Bernina a 4049 metros de altura.

Inn
PaísSuíza Suíza
Austria Austria
Alemaña Alemaña
NacementoAlpes (Suíza)
Altitude2.484 msnm
Lonxitude517 km
Caudal medio730 m³/s
DesembocaduraDanubio
O Inn ao seu paso por Susch.

Xeografía editar

O Inn nace a 2484 metros de altitude, en Lägh dal Lunghin, non lonxe de Col de la Maloja na Engadina nos Grisóns (Suíza), e percorre os lagos de Sils, de Silvaplana e de Saint-Moritz e os concellos de Samedan, Bever, Zuoz, Zernez e Scuol tras o que pasa a fronteira helvético-austríaca, entrando no Tirol austríaco, pasando por Innsbruck (literalmente "ponte do Inns). Entre Kufstein e Erl define a fronteira austro-alemá antes de entrar en Alemaña por Baviera. En Passau desauga no Danubio.

Notas editar

  1. Richard J.A. Talbert, ed. (2000). Barrington Atlas of the Greek and Roman World: Map-By-Map Directory I. Princeton, NJ and Oxford, UK: Princeton University Press. p. 171. ISBN 0691049459.