Polisinodial

(Redirección desde «Réxime polisinodial»)

Denomínase réxime polisinodial á organización política das monarquías absolutas dos reinos de España durante o Antigo Réxime e a historia moderna ata principios do século XIX baseados nos Consellos. O mecanismo de funcionamento básico era a elevación dunha consulta ao monarca, quen resolvía segundo o seu parecer.

A súa orixe remóntase á Idade Media nos órganos consultivos das coroas de Castela, Aragón e Navarra.

Os Consellos foron de tres tipos:

  1. Por unha banda os que mantiñan un ámbito competencial en todo o territorio de España, con indiferenza do Reino: O Consello de Estado, máximo órgano de asesoramento presidido por quen o fose do Consello Real de Castela, o Inquisidor xeneral e dous membros do Consello de Guerra, que era o segundo órgano consultivo, e o Consello da Inquisición
  2. Os Consellos con funcións de goberno en determinados territorios: Consello Real de Castela (e dentro deste, por razón da materia, atopábanse o Consello das Ordes Militares, o Consello da Cruzada e o Consello de Facenda), Consello de Aragón, Consello de Navarra, Consellos de Cámara de Castela e Indias, Consello de Indias, Consello de Italia, Consello de Flandres e Consello de Portugal. Por orde de xerarquía, o de Castela e Aragón eran, por esa orde, os preeminentes.
  3. Xunto aos Consellos atopábanse as Xuntas, de carácter menos importante e, en xeral, creadas para asuntos específicos e de duración determinada.

O sistema polisinodial foi caendo en desuso co período ilustrado coa creación dos Secretarios do Despacho, para desaparecer por completo no século XIX coa figura da Xunta Suprema Central (Junta Suprema Central en castelán), antecedente do Consello de Ministros, método de goberno adoptado definitivamente durante o Reinado de Isabel II.

Véxase tamén editar