Quique Bordell

pintor galego

Quique Bordell, nado en Lugo en 1962, é un pintor galego, coñecido tamén cos alcumes de Señor Bordell, Gato López, Visceral B., El Artista Antes Conocido Como Quique Bordell, Doctor Faustroll e Bacabú Invisible.

Infotaula de personaQuique Bordell
Biografía
Nacemento1962 Editar o valor em Wikidata (61/62 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónColexio Fingoi Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou o bacharelato no Colexio Fingoi, tendo como profesor de debuxo a Luís Gómez Pacios. De formación autodidacta, os seus inicios artísticos están relacionados co mundo do cómic e a interpretación dramática, realizando performances en varias películas en formato super-8 de Javier Devesa. Aparece facendo varias personaxes na película O peregrino e o viño, ambientada na Galiza medieval.

Comezou a traballar con 18 anos na pintura e na técnica de creación de bonecos e marionetas en papel maché. Participa na revista Atlántico Express xunto a autores como Germán Refojo, Honorio ou Leovigildo García, en Con todo Lugo de detalles, promocionada por Xaime da Pena, e en Lupus Augustus, editada por Juan Rompe. Colaborou coa sala Nasa de Compostela, e participou no grupo Pintautores Asociados. Viviu un tempo en Nova York, e ao seu regreso expuxo na sala Almirante de Lugo. Instalouse nun estudio do Campo Castelo e formou parte dun grupo de artistas reunidos en torno á sala Bacabú. En 2007 expuxo no Museo Provincial de Lugo obras da súa última etapa.

Colaborou con Títeres Trompicallo no proxecto Violeta Coletas.