Abrir o menú principal

Querela dos antigos e os modernos

A frase antigos e modernos ou antigos contra modernos refírese á querela entre dous bandos literarios que apareceron en Francia a fins do século XVII e que tamén se deu en Inglaterra e en menor medida en Alemaña.

Antigos e modernos en FranciaEditar

A disputa estableceuse sobre os méritos relativos do francés e do latín como linguas literarias. Xa Joachim du Bellay lidara co tema na súa Deffense et Illustration (Defensa e Ilustración, 1549), mais a influencia cada vez maior da Academia Francesa no século XVII motivou máis discusión. As posturas opostas eran o "progreso" e o espírito racionalista moderno frente á reverencia polas regras e preceptos dos clásicos. Moitos dos principais autores franceses tomaron partido, como Perrault, Bayle, la Fontaine ou Boileau. O Neoclasicismo instaurouse en Francia no XVII e durou moito máis que en ningún outro país e os "modernos" non gañaron até ben entrado o século XIX.

Antigos e modernos en InglaterraEditar

A controversia provocouna un ensaio de William Temple publicado en 1690 comparando os méritos relativos da educación antiga sobre a moderna. Temple louvaba o coñecemento dos antigos en detrimento dos modernos. Contestáronlle William Wotton e Richard Bently. A obra de Jonathan Swift A batalla dos libros (The Battle of the Books, 1704) é unha sátira en prosa na que gañan os antigos.

Véxase taménEditar