Quasimodo é o personaxe principal da obra Notre-Dame de París, de Victor Hugo.

Quasimodo.

Descrición editar

Quasimodo é un mozo corcovado que foi abandonado ao nacer preto da catedral de nosa Señora de París, onde mora dende entón facendo de sineiro. Disque era fillo dunha xitana. Só pode utilizar un ollo, xa que o outro o ten case bloqueado pola deformidade do seu rostro, e ficou case xordo polo son das campás da catedral, as cales significan todo para el, antes de coñecer a moza xitana Esmeralda, da que se namora por ser ela a primeira que lle amosou bondade.

Quasimodo era odiado polo pobo de París por causa da súa deformidade, polo cal posúe un carácter tímido e retraído. Con todo, posúe unha gran valentía, afouteza e un corazón nobre. Antes de Esmeralda, a única persoa importante para el era o arcediago Frollo, quen o adoptou cando foi abandonado na catedral entre os nenos expósitos.

Etimoloxía editar

Quasimodo provén do latín quasi modo (en galego: coma se, case como), primeiras dúas palabras do introito da misa do primeiro domingo tras o de Pascua, por ser abandonado neste día do ano.[1] Ao mesmo tempo, supón un xogo de palabras, xa que o sineiro era considerado un case humano: moi preto de todos os demais e, ao mesmo tempo, tan diferente.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar