Qeqqata
Qeqqata (en groenlandés: Qeqqata Kommunia) é un concello situado na costa oeste de Groenlandia, operativo dende o 1 de xaneiro de 2009. Recibe o seu nome pola súa localización na parte central e occidental do país.[1] En xaneiro de 2020 tiña unha poboación de 9 378 habitantes.[2] A súa capital atópase na vila de Sisimiut.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Dinamarca | ||||
País autónomo | Groenlandia | ||||
Capital | Sisimiut | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 9.423 (2016) (0,08 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 115.500 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 2009 | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Malik Berthelsen (2017–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 3911 e 3912 | ||||
ISO 3166-2 | GL-QE | ||||
Sitio web | qeqqata.gl | ||||
Creación
editarEstá formado pola zona anteriormente non incorporada de Kangerlussuaq, así como por dous antigos concellos do oeste de Groenlandia, Maniitsoq e Sisimiut.
Xeografía
editarNo sur e leste, o municipio está arrodeado polo municipio de Sermersooq, aínda que os asentamentos e o comercio asociado concéntranse principalmente ao lado da costa. No norte, limita co concello de Qeqertalik. As augas da costa occidental son as do estreito de Davis, que separa Groenlandia da illa de Baffin. Cunha superficie de 115 500 km²[3] é o terceiro municipio máis pequeno de Groenlandia.
Vilas e asentamentos
editarÁrea de Maniitsoq
editarÁrea de Sisimiut
editarNotas
editar- ↑ Qeqqata Kommunia, páxina do concello de Qaqqata
- ↑ Statistical Greenland (ed.). "Population by Localities". Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2020. Consultado o 7 de abril de 2020.
- ↑ Statistics Greenland,Greenland in Figures 2010
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Qeqqata |