Pyronia bathseba

especie de insecto

Pyronia bathseba é unha bolboreta da familia Nymphalidae.[1] Habita na Península Ibérica, sueste de Francia, Marrocos, Alxeria e Tunisia.

Hábitat editar

Pode verse revoloteando en ladeiras, zonas abruptas e arbustivas. As súas eirugas aliméntanse de gramíneas, particularmente do xénero Brachypodium.

Descrición editar

Ten o anverso alaranxado con bordo marxinal marrón bastante ancho e un gran ocelo no ápice de dobre pupila branca. Presenta ocelos menores na á posterior. O macho presenta un marcado androconio. O reverso é marrón escuro na base, con ancha banda posdiscal branco-amarela seguida de cinco ocelos negros de pupila branca rodeados de amarelo.[2]

Especies similares son Pyronia tithonus, con pequenos ocelos no reverso e sen eles no anverso da á posterior e que habita no norte de Europa, e Pyronia cecilia, sen ocelos nas ás posteriores.[2]

Ten unha envergadura alar de 36 a 38 mm. Voa de maio a xullo, dependendo da localización.

Ciclo vital editar

As larvas aliméntanse de plantas gramíneas, principalmente da especie Brachypodium.

Notas editar

  1. Monasterio León, Y.; et al. (30-06-2017). "Propuesta actualizada de nombres comunes en castellano para las mariposas de la península ibérica, Baleares y Canarias (Lepidoptera: Papilionoidea)" (PDF) 60: 463–483. Consultado o 28-05-2022. 
  2. 2,0 2,1 Córdoba León, Juan Ramón; Sesma Moranas, Juan Manuel; Martín Toral, Gabino (2006). Mariposas en libertad (en castelán). Madrid: Mundiprensa. p. 212. ISBN 978-84-8476-285-0. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar