Ocelo (mimetismo)

Un ocelo é unha mancha arredondada e moitas veces multicolor, con aparencia dun ollo, que presentan algunhas especies de peixes, bolboretas, réptiles e aves. A súa función biolóxica asóciase co mimetismo.

Exemplar de Mycalesis patnia mostrando ocelos de distintos tamaños nas súas ás.
Exemplares de Chaetodon capistratus cun ocelo na cola para despistar predadores.

Desenvolvemento dos ocelos editar

O estudo do desenvolvemento dos ocelos foi un dos campos máis sobresalientes da bioloxía do desenvolvemento e a evo-devo. Fred Nijhout mostrou que a posición dos ocelos se decide no estadio de eiruga e que os patróns concéntricos son inducidos por un organizador (chamado foco) localizado no centro do ocelo en desenvolvemento.

Estudados desde as orixes da ciencia biolóxica, os fenómenos de asimilación de formas ou de enmascaramentos destinados á protección de individuos ou de especies quedaron englobados baixo o termo de mimetismo a raíz da publicación en 1817 dun compendio de entomoloxía dos británicos W. Spence e W. Kirloy.

Notábeis investigadores do século XIX, como Henry Walter Bates e Alfred Russel Wallace, realizaron posteriormente achegas que permitiron o desenvoilvemento dos estudos sobre o fenómeno.

O mimetismo é a propiedade de determinados organismos de reproduciren no seu aspecto e cor o doutras especies diferentes ou o do ambiente en que viven, o que lles proporciona unha vantaxe selectiva fronte ás especies que carecen deste mecanismo. Así, algúns insectos non picadores presentan unha coloración en bandas negras e amarelas típicas de certas avespas, feito que lles garante a protección fronte a un bo número de predadores que asocian ditos caracteres cromáticos cos dunha especie que resulta perigosa e á que é preferíbel non molestar.

O artificio non evita que unha determinada cantidade de individuos da especie que posúe mimetismo morra vítima dos predadores no período xuvenil destes últimos, cando aínda non aprenderon a diferenciar cales son as especies adecuadas para a súa alimentación e cales non convén atacar.

Galería editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar