Puppis
Puppis ou Popa[1] é unha constelación austral. É a maior das tres partes nas que foi separada a Argo Navis.
Puppis | |
---|---|
Nome latino | Puppis |
Abreviatura | Pup |
Xenitivo | Puppis |
Simboloxía | A Popa |
Ascensión recta | 7,5 h |
Declinación | −30° |
Área | 673 graos cadrados
Rango 20º |
Número de estrelas
(magnitude < 3) |
4 |
Estrela máis brillante | ζ Pup (Naos)
(magnitude ap. 2,25) |
Choiva de meteoros | |
Constelacións
lindeiras |
|
Visible en latitudes entre +40° e −90°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de febreiro | |
Características notables
editarComa Puppis foi orixinalmente parte da Argo Navis, non ten estrelas con designación de Bayer α a ε, están agora en Carina e Vela. A súa estrela máis brillante é ζ Puppis, coñecida coma Naos.
Estrelas
editarEstrelas principais
editar- ζ Puppis (Naos ou Suhail Hadar), a máis luminosa da constelación con magnitude 2,21, é unha extraordinaria estrela superxigante azul, unha das máis brillantes da galaxia.
- ν Puppis, xigante branco-azulada de magnitude 3,17 e posible variable Beta Cephei.
- ξ Puppis (Azmidiske ou Asmidiske), de magnitude 3,34, unha superxigante amarela a uns 1300 anos luz de distancia.
- ο Puppis, subxigante azul de magnitude 4,50 e estrela Be.
- π Puppis, estrela dobre de magnitude 2,71 onde as súas compoñentes, unha superxigante laranxa e unha estrela branca, están moi afastadas entre si.
- ρ Puppis, tamén chamada Tureis, unha xigante amarela de magnitude 2,83 e unha estrela variable púlsante do tipo Delta Scuti.
- σ Puppis (Hadir), estrela xigante laranxa de magnitude 3,25.
- τ Puppis (Rehla ou Al Rihla), tamén xigante laranxa e binaria espectroscópica de magnitude 2,94.
- QZ Puppis (b Puppis), variable elipsoidal rótante, cunha magnitude que varía entre 4,47 e 4,54.
- L1 e L2 Puppis, unha binaria óptica formada por unha estrela branca (L1) de magnitude 4,87, e unha xigante vermella (L2) de brillo variable entre magnitude 2,6 e 6,2. Ambas estrelas atópanse separadas entre si coma mínimo 10 anos luz.
- NW Puppis, estrela variable elipsoidal rótante e variable Beta Cephei de magnitude 5,11.
- QW Puppis, estrela variable Alfa2 Canum Venaticorum de magnitude 4,47.
- QY Puppis, superxigante laranxa e variable semirregular.
- RS Puppis, cefeida rodeada por unha gran nebulosa, onde a súa distancia (6500 anos luz) foi medida soamente cun erro de só o 1%.
- HD 44594, anana amarela de magnitude 6,59 cunhas características moi semellantes ás do Sol.
Estrelas con designación de Bayer
editar- κ1 Pup 3,80; κ2 Pup 4,62; χ Pup 4,76; a Pup 3,71; c Pup 3,62; d1 Pup 4,84; d2 Pup 5,73; d3 Pup 5,76; d4 Pup 5,99; e Pup 5,78; f Pup 4,53; h1 Pup 4,44; h2 Pup 4,42; 11/j Pup 4,20; 3/l Pup 3,94; m Pup 4,69; n Pup 5,06; n Pup 5,87; p Pup 4,65; q Pup 4,44; r Pup 4,78; t Pup 5,07; v1 Pup 4,65; v2 Pup 5,11; w Pup 4,83; x Pup 5,27; y Pup 5,41; y2 Pup 5,69; y3 Pup 5,68; z Pup 5,42; A Pup 4,83; C Pup 5,20; D Pup 5,80; E Pup 5,30; F Pup 5,24; G Pup 5,76; H Pup 4,92; I Pup 4,49; J Pup 4,22; M Pup 5,86; N Pup 5,08; O Pup 5,14; P Pup 4,10; Q Pup 4,69
Estrelas con designación de Flamsteed
editar- 1 Pup 4,63; 2 Pup 6,06; 2 Pup 7,03; 4 Pup 5,03; 5 Pup 5,48; 6 Pup 5,17; 8 Pup 6,37; 9 Pup 5,16; 10 Pup 5,69; 12 Pup 5,09; 14 Pup 6,12; 16 Pup 4,40; 18 Pup 5,53; 19 Pup 4,72; 20 Pup 4,99; 21 Pup 6,32; 22 Pup 6,13; 140 Pup 4,98; 171 Pup 5,36; 188 Pup 5,32; 212 Pup 5,01
Estrelas con planetas
editar- HD 70642, estrela moi semellante ó Sol cun planeta extrasolar nunha posición moi semellante á que Xúpiter ocupa no sistema solar, descuberto o 1 de Xullo do 2003.
- HD 69830 (a estrela máis próxima da constelación), estrela con tres planetas de masa semellante a Neptuno, de feito o primeiro sistema multi-planetario sen planetas do tipo Xúpiter e cun posible cinto de asteroides, descubertos o 18 de abril do 2006.
- O 4 de xullo do 2007, foi atopado o primeiro planeta atopado nun cúmulo aberto, o cúmulo NGC 2423, foi descuberto ó redor dunha estrela xigante vermella, a NGC 2423-3. O planeta ten 10.6 veces a masa de Xúpiter e orbita a 2.1 AU de distancia.
Obxectos Notables do espazo profundo
editarComa a Vía láctea corre a través de Puppis, hai un gran número de cúmulos abertos na constelación.
- Messier 46 (M46) e Messier 47 (M47) son dos cúmulos abertos no mesmo campo binocular. M47 pode ser visto a simple vista e ás súas estrelas máis brillantes son de magnitude 6.
- Messier 93 (M93) é outro cúmulo aberto a uns 3600 anos luz de distancia.
- NGC 2451 é un cúmulo moi brillante que conten a estrela c Puppis.
- NGC 2438, nebulosa planetaria no mesmo campo visual co cúmulo M46. En realidade está moito máis preto de nos co cúmulo.
- NGC 2440, nebulosa planetaria cunha estrela central que é unha das máis quentes que se coñecen.
- Nebulosa da Calaza (OH 231.84 +4.22), protonebulosa planetaria que no seu centro atopase a estrela variable Mira QX Puppis.
Mitoloxía
editarDado que Puppis foi orixinalmente parte da constelación Argo Navis, non ten mitoloxías relacionas de xeito independente antes do século XVII.
Notas
editar- ↑ Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016.
Véxase tamén
editarEste artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Puppis |
Outros artigos
editarMitoloxía
editarPara revisa-la mitoloxía desta constelación, a mellor forma é visita-los ártigos adicados ó mito do navío Argo Navis, mandado facer por Xasón a Argos; navío co don da fala e a profecía que lle serviu a Xasón para ir á busca do vélaro de ouro xunto coa súa tripulación, os míticos Argonautas.
Astronomía
editarPara máis información sobre a desmantelada Argo Navis e ás súas compoñentes revise ós seguintes artigos:
- Argo Navis
- Carina
- Pyxis
- Vela
- Malus, constelación obsoleta que era parte de Argo Navis, a cal facía referencia ó mastro do navío.
- - Ligazóns externas a Argo Navis: