Vela (constelación)

constelación austral

Vela[1] é unha constelación austral, unha das catro partes na que foi dividida a constelación de Argo Navis (o navío Argos), sendo as outras Carina (a quilla), Puppis (a popa) e Pyxis (o compás marítimo).

Vela
Vela
Nome latino Vela
Abreviatura Vel
Xenitivo Velorum
Simboloxía A Vela
Ascensión recta 9 h
Declinación −50°
Área 500 graos cadrados

Rango 32º

Número de estrelas

(magnitude < 3)

5
Estrela máis brillante γ Vel (Suhail Al Muhlif)

(magnitude ap. 1,6)

Choiva de meteoros
Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +30° e −90°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de marzo

Características notables editar

Vela comparte a designación de Bayer das súas estrelas coas outras tres constelacións que formaban parte da Argo Navis, polo que non ten estrelas α o β. a súa estrela máis brillante é γ Velorum, de magnitude 1.75, un sistema estelar quíntuplo cunha compoñente principal que é a estrela de Wolf-Rayet máis brillante do firmamento. Nesta constelación atópase AI Velorum, prototipo dun grupo de estrelas púlsantes denominadas variables AI Velorum.

A identificación óptica do Pulsar de Vela, asociado ó Resto da Supernova de Vela, foi a proba directa da relación entre supernovas e pulsares.

Estrelas principais editar

Obxectos Notables do espazo profundo editar

Historia editar

Vela é unha das catro constelacións que formaban parte da vella constelación de Argo Navis, o barco dos Argonautas, evidentemente esta constelación fai referencia á vela do citado navío.

Falsa Cruz editar

δ Velorum e κ Velorum, xunto con Avior (ε Carinae) e Aspidiske (ι Carinae) forman o asterismo da Falsa Cruz, versión aumentada pero máis feble da Cruz do Sur, a confusión entre ambas as dúas ás veces dá lugar a erros ó usa-las estrelas para a orientación e a navegación.

Notas editar

  1. Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar