Punk blues

O punk blues (ou blues punk) é un xénero musical que fusiona punk rock e blues. Os músicos e bandas de punk blues normalemente incorporan tamén elementos de xéneros relacionados, como o protopunk e o blues-rock. As súas orixes están fortementa ligadas ao son do garage rock dos 60 e 70. O punk blues pode verse como un xénero que ten a crudeza, a simplicidade e a emoción que comparten o punk rock e o blues.

Punk blues
Orixe musicalpunk rock, protopunk, blues, garage rock, blues-rock
Orixe culturalprincipios dos 80 nos Estados Unidos
Instrumentos típicosguitarra, batería, piano, harmónica, órgano Hammond, órgano Farfisa organ, baixo

OrixesEditar

Antes dos comezos do movemento punk de finais dos 70, moitos importantes precursores como MC5, The Stooges, The Who, The Sonics, Captain Beefheart e The New York Dolls amosaron a súa fascinación polo blues estadounidense.

Allmusic di que o punk blues deriva da influencia do "son garage rock de mediados dos 60, do aullido primitivo dos inicios de Captain Beefheart, e especialmente do son cru e desesperado do disco Fire of Love de Gun Club, editado en 1981". Tamén segundo Allmusic.com, "...punk blues realmente aparece a principios dos anos 90 con bandas como os seminais Jon Spencer Blues Explosion, The Oblivians, The Gories e os Gibson Brothers", e "continuou nos 2000 con máis presenza grazas á popularidade de The White Stripes". John Doe, da banda punk X, afirma que Jeffrey Lee Pierce e The Gun Club inventaron un estilo de música completamente novo mesturando punk e blues.

Bandas relacionadasEditar

Comezando polo seu álbum de 1988 Prison Bound, a banda de punk rock Social Distortion comezou a incorporar influuencias rockabilly, country e blues na súa música. A principios dos 90, a artista inglesa PJ Harvey tamén explorou unha variante vangardista do estilo.

A escena garage rock de Detroit, da que sairon bandas como The White Stripes, continua proporcionando músicos e bandas que poden reacionarse co punk blues, como The Detroit Cobras, Geraldine, Mystery Girls, The Reigning Sound, Soledad Brothers ou The Von Bondies. O grupo de Boston Mr. Airplane Man tamén basea a súa música neste estilo.

As bandas de indie rock The Gossip, The Kills, Deadboy & the Elephantmen e Big John Bates foron asociadas polos medios ao son punk/blues.