Un psicopompo[1] (do grego ψυχοπομπός, psychopompós, que significa literalmente o "guía das almas") é unha criatura presente en moitas relixións e mitoloxías. A súa función é a de conducir as almas das persoas mortas[2] á súa morada de ultratumba. Aparece decote na arte funeraria, ben en forma dun deus antropomorfo, ben en forma dun animal.

Relevo nun vaso funerario ateniense: Hermes Psicopompo dirixe á morta Myrrhine ao Hades, ca 430-420 a.C. (Museo Nacional de Arqueoloxía de Atenas).

Entre os exemplos clásicos de psicopompo pódese citar ao deus exipcio Anubis, o deus Yama no Hinduísmo, o barqueiro Caronte e o deus Hermes na mitoloxía grega, a deusa Vanth, da relixión etrusca e as valquirias na mitoloxía nórdica.

Notas editar

  1. Definición de psicopompo no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. Lidell, Henry George. "A Greek-English Lexicon". Consultado o 22 de xuño de 2020.