Psiconautas, los niños olvidados
Psiconautas, los niños olvidados é un filme galego de animación de 2015, dirixido por Alberto Vázquez e Pedro Rivero.
Psiconautas, los niños olvidados | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Psiconautas, los niños olvidados |
Director | Alberto Vázquez e Pedro Rivero |
Produtor | Luis Tosar, Farruco Castromán, Alicia Veira, Pedro Rivero, César Rodríguez, Íñigo Pérez Tabernero e Carlos Juárez |
Guión | Alberto Vázquez e Pedro Rivero |
Baseado en | Psiconautas de Alberto Vázquez |
Música | Aránzazu Calleja |
Fotografía | José Domingo e Alberto Vázquez |
Montaxe | Iván Miñambres |
Estrea | 24 de setembro de 2015 |
Duración | 76 minutos |
Orixe | Galicia |
Xénero | Animación, Fantástico, Drama |
Na rede | |
http://psiconautaslapelicula.com/ e http://psiconautasmovie.com/ | |
É a adaptación da novela gráfica Psiconautas, do propio Alberto Vázquez. Gañou o Goya á mellor película de animación do 2016 e foi preseleccionada para os Oscar.[1]
Argumento
editarBirdboy e Dinki son dous adolescentes que decidiron escapar dunha illa asolagada por unha catástrofe ecolóxica: Birdboy illándose do mundo, Dinki emprendendo unha arriscada viaxe coa esperanza de que Birdboy a acompañe.
Produción
editarÉ unha coprodución entre a galega ZircoZine, de Luis Tosar e Farruco Castromán, e a vasca Basque Films. Trátase da segunda adaptación da novela de Alberto Vázquez, despois da curta Birdboy, que tamén gañou un Goya e foi preseleccionada para os Oscar.
A pesar de ser proxectada en diversos festivais dende o 2015[2][3], non se estreou nos cines até o 2017.[4]
Recepción e premios
editarO filme foi ben recibido pola crítica[5] e acumulou premios dende a súa mesma estrea no Festival de Donostia, no que gañou o premio Lurra ("Terra" en éuscaro), entregado por Greenpeace.[6] Cando o filme se estreou nos cines, xa levaba gañados numerosos premios como o Goya á mellor película de animación, o Premio Platino á mellor película de animación[7] ou os premios a mellor película de animación dos festivais de Stuttgart e Sofía.[8] Ademais foi preseleccionado para os Oscar.[1]
O éxito de crítica non foi acompañado por un éxito de audiencia e o filme rematou 2017 cunha recadación acumulada nos cines españois de 15.912€ e 2.883 espectadores.[9] Con todo, fóra de España o filme logrou unha recadación unhas seis veces maior.[10]
Lista de premios
editar- Premio Goya á mellor película de animación de 2016.
- Premio Platino á mellor longametraxe de animación de 2017.
- Mellor longametraxe de animación do Festival de Stuttgart de 2016.
- Mellor longametraxe de animación do Festival de Sofía de 2016.
- Mellor longametraxe do Festival Internacional de Animación Anilogue de Budapest de 2016.
- Premio do público no Festival Internacional de Cine Fantástico de Lund de 2016.
- Mellor longametraxe e mellor longametraxe conceptual no festival Reanimania de Ereván de 2016.
- Mellor longametraxe no Expotoons de Buenos Aires de 2016.
- Premio do público e premio á mellor longametraxe no Festival de Cine TOHORROR de Turín de 2016.
- Mellor longametraxe no Festival Internacional de Cine de Terror MACABRO de Monterrey de 2016.
- Mellor longametraxe internacional de animación no Festival Internacional de Cine de Monterrey de 2016.
- Mellor longametraxe de animación no Festival de Cine Imaginaria de Conversano (Italia) de 2016.
- Mellor longametraxe de animación no Festival Internacional de Cine Fantasía de Montreal de 2016.
- Premio do público no Festival Internacional de Cine de Animación Animator de Poznań de 2016.
- Mellor longametraxe de animación no Festival Internacional de Cine de Animación Golden Kuker-Sofía de Sofía de 2016.
- Mellor longametraxe de animación no Festival de Cine de Animación de Stuttgart de 2016.
- Premio Lurra no Festival Internacional de Cine de Donostia de 2016.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "«Psiconautas» apunta a los Óscar". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de decembro de 2017. Consultado o 23 de agosto de 2018.
- ↑ "La película gallega "Psiconautas" participa en el Festival de San Sebastián". Faro de Vigo (en castelán). 12 de agosto de 2015. Consultado o 23 de agosto de 2018.
- ↑ "“Psiconautas”, unha fantasía negra de animación". 19 de maio de 2016. Consultado o 23 de agosto de 2018.
- ↑ "O premiado filme de animación galego Psiconautas xa pode verse nos cinemas". 27 de febreiro de 2017. Consultado o 23 de agosto de 2018.
- ↑ ""Psiconautas, los niños olvidados" recibe buenas críticas antes de su estreno" (en castelán). 22 de febreiro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2018. Consultado o 23 de agosto de 2018.
- ↑ "Psiconautas gana el premio Lurra" (en castelán). 29 de setembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2018. Consultado o 23 de agosto de 2018.
- ↑ "'Psiconautas', do galego Alberto Vázquez, premio Platino á mellor película de animación". 23 de xullo de 2017. Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2018. Consultado o 23 de agosto de 2018.
- ↑ "'Psiconautas, los niños olvidados', mejor largometraje de animación en los festivales de Stuttgart y Sofía" (en castelán). 16 de maio de 2016. Consultado o 23 de agosto de 2018.
- ↑ "Recadación acumulada nacional de 2017" (PDF). Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de agosto de 2018. Consultado o 23 de agosto de 2018.
- ↑ "Recadación acumulada de filmes españois no estranxeiro" (PDF). Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de agosto de 2018. Consultado o 23 de agosto de 2018.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Cine |
Ligazóns externas
editar- Páxina oficial do filme (en castelán).
- Ficha do filme en IMDb (en inglés).
- Ficha do filme en Filmaffinity (en castelán).