Pserimos (grego: Ψέριμος Δωδεκανήσου, turco: Keçi Adasi), é unha pequena illa grega no Dodecaneso, que se atopa entre as illas de Kalymnos e Kos fronte á costa de Turquía. É parte da municipalidade de Kalymnos, e tiña unha poboación de 80 habitantes no censo de 2011.

Modelo:Xeografía políticaPsérimos
Imaxe

Localización
Mapa
 36°56′N 27°08′L / 36.93, 27.13Coordenadas: 36°56′N 27°08′L / 36.93, 27.13
EstadoGrecia
Administracións descentralizadasDecentralized Administration of the Aegean (en) Traducir
PeriferiasExeo Meridional
Unidades periféricasCalímnos (pt) Traducir
ConcelloMunicipality of Kalymnos (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación80 (2011) Editar o valor em Wikidata (5,51 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie14,515 km² Editar o valor em Wikidata
Medición2,5 (ancho) × 7,35 (lonxitude) km
Bañado porMar Exeo Editar o valor em Wikidata
Altitude268 m Editar o valor em Wikidata

A principal industria é o turismo, con turistas europeos gregos e outros atraídos pola súa localización remota. Hai varias praias e varias tabernas, algunhas das cales ofrecen aloxamento.

Pserimos é atendido por un ferri diario desde Pothia, na illa de Kalymnos, e é un destino no itinerario dunha serie de buques de cruceiro.

Situación editar

Pserimos é a illa veciña máis grande da illa municipio de Kálimnos. A illa está situada no leste do mar Exeo a uns 3´5 km ao norte de Cos e 5 km ao oeste de Kálimnos. Ao nordés, a distancia máis curta a Asia Menor, a península de Bodrum (Bodrum Yarimadasi) está a 8 km. Na costa hai algúns illotes rochosos. Preto, a un quilómetro ao oeste atópase a illa deshabitada de Platy. O único pobo e porto é Avlakia (Aυλάκια) na Baía de Pserimos (Όρμος Ψερίμου) na costa sur.

A paisaxe desta illa árida está dominado principalmente pola vexetación arbustiva baixa. Pserimos é montañosa alcanzando 268 metros a elevación máis alta no nordés.

Historia editar

No Catálogo das naves de Homero Pserimos formaba parte do grupo das illas Kalydna. Despois a única referencia á illa será no século III a.E baixo o control de Cos.

 
Pserimos desde a illa de Cos

Desde a antigüidade Pserimos foi coñecida polas súas alcaparras. Hoxe o municipio promove o cultivo de oliveiras, preto de 6.000 árbores foron plantados ao nordés do pobo. Os 80 habitantes viven principalmente da pesca e o turismo.[1] Na gran baía oriental practícase a piscicultura.

Ademais das árbores hai algunhas tabernas ao longo dos 170 m de fermosa praia de area e situada no extremo norte do pobo está a igrexa consagrada Kimisis tis Panagia (Kοίμησης της Παναγίας, Asunción da Virxe). Preto de 1´5 km ao noroeste do pobo nunha longa baía está a igrexa de Panagia Grafiotissa (Παναγία Γραφιώτισσα). Non hai outros puntos de interese para os excursionistas que visitan a illa durante un día.

Relixión editar

As dúas únicas parroquias na illa e pertencentes á Igrexa Ortodoxa do Patriarcado Ecuménico de Constantinopla están adscritas á Metrópole de Leros, Kálimnos e Astipalea.

Notas editar

  1. Κάλυμνος Οικισμοί (Βαθύς, Ψέριμος) [1] Arquivado 18 de decembro de 2015 en Wayback Machine., griego

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar