Abrir o menú principal

Provincia de Madang

Localización da provincia de Madang no mapa de Papúa Nova Guinea.
Bandeira de Madang.

A Provincia de Madang é unha das provincias da Papúa Nova Guinea. A capital da provincia é a cidade de Madang. Cunha área total de 29.000 km2 ten unha poboación de 365.106 habitantes (2000), dando unha densidade de poboación de 12,6 habitantes por quilómetro cadrado.

XeografíaEditar

Ao sur atópase a cordilleira Bismarck, con alturas superiores aos 4.000 metros. O Monte Wilhelm, a montaña máis alta de Papúa Nova Guinea con 4.509 metros, encóntrase nesta cordilleira. Tamén no sur, o val do Ramu separa a Cordilleira Bismarck da Cordilleira Finisterre, no sueste da provincia.

As montañas son ricas en árbores provedoras de madeira. O bosque recibe continuas choivas, mentres que a planicie costeira de Vallery está aberta e con palmeiras.

As illas próximas á costa do mar son, nalgúns casos, volcánicas.

EconomíaEditar

A provincia é a terceira produtora de cacao e de copra e a segunda potencia gandeira, mais é unha provincia moi pouco desenvolvida.

DistritosEditar

Esta provincia fracciónase en varios distritos:

  • Bogia
  • Madang
  • Middle Ramu
  • Rai Coast
  • Sumkar
  • Usino Bundi