Simbu
A Provincia de Simbu, tamén chamada Chimbu, é unha das provincias da Papúa Nova Guinea. A capital é a cidade de Kundiawa. Cunha área de 6.100 km² posúe unha poboación de 259.703 habitantes (2000), dando unha densidade de poboación de 42,6 habitantes por quilómetro cadrado. O Monte Wilhelm, o punto máis elevado de Papúa Nova Guinea, áchase nos límites de Simbu.


Simbu, dito Sipuuuu no dialecto local, significa "grazas". Esta provincia encóntrase na cordilleira central das Terras Altas de Papúa Nova Guinea. Comparte fronteiras xeográficas con cinco provincias: Occidente, Eastern Highlands, Southern Highlands, Golfo e Madang.
Simbu é unha provincia con recursos naturais limitados e o terreo é montañoso e moi accidentado. O progreso económico da provincia é menos destacable que o doutras. É unha fonte importante de café.
Hai tres escolas secundarias na provincia: a Escola Secundaria Kondiu Rosary, a Escola Secundaria Yauwe Moses e a Escola Secundaria Kerowagi.
Distritos Editar
Esta provincia fracciónase en varios distritos:
- Chauve
- Gumine
- Karimui-Nomane
- Kerowagi
- Kundiawa-Gembogl
- Sina Sina-Yonggomugl