Enga
A provincia de Enga é unha das provincias da Papúa Nova Guinea. A capital da provincia é a cidade de Wabag. Cunha superficie de 12.800 km² conta cunha poboación de 295.031 persoas (2000), dando unha densidade de poboación de 23 habitantes por quilómetro cadrado.
XeografíaEditar
Enga é a provincia máis elevada da Papúa Nova Guinea. Gran parte da provincia posúe unha altura de máis de 2.000 metros. As zonas de menor altitude son normalmente os vales que forman a cunca dos dous principais sistemas fluviais que drenan a provincia, o Lagaip (que é un afluente do río Fly) e o Lai (que é un afluente do río Sepik).
DistritosEditar
A provincia fracciónase en varios distritos:
- Kandep
- Kompiam
- Lagaip-Porgera
- Wabag
- Kandep