Limpopo

(Redirixido desde "Provincia de Limpopo")

Limpopo é unha provincia de Suráfrica, a situada máis ao norte. Recibe o seu nome do río homónimo. A capital é a cidade de Polokwane. A súa superficie é de 125.754 km² e a poboación de 5 404 868 habitantes (2011), na súa maioría da etnia soto do norte.

Situación de Limpopo dentro de Suráfrica.

Formouse en 1994 coa rexión norte da antiga provincia de Transvaal mais os bantustáns de Lebowa, Gazankulu e Venda co nome de Provincia do Norte recibindo o nome actual no ano 2003 logo de emendar a constitución.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.