Proteo (en grego Πρωτεύς), tamén coñecido coma Neptuno VIII, é o segundo satélite en tamaño de Neptuno, e o máis grande dos satélites interiores de Neptuno. É a lúa irregular máis grande do Sistema Solar. Sería máis tarde chamada Proteo, nome dun deus do mar que podía cambiar de forma na mitoloxía grega.

Proteo
Descubrimento
Descuberta por Voyager 2
Stephen P. Synnott
Descuberta en ~16 de xuño do 1989
Características orbitais [1]
Época 18 de agosto de 1989.
periapse 117.584 ± 10 km
apoapse 117.709 ± 10 km
Eixo semi-maior 117,647 ± 1 km (0,00079 UA)
Excentricidade 0,00053 ± 0,00009
Período orbital 1,12231477 ± 0,00000002 d
Velocidade orbital media 7,623 km/s
Inclinación 0,524° (respecto do ecuador de Neptuno

0,026 ± 0,007° (respecto do plano local de Laplace)

Satélite de Neptuno
Características físicas
Dimensións 440×416×404 km (± ~15 km)[2][3]
Radio medio 210 ± 7 km[4]
Volume 3,4 ± 0,4 x 107km³[5]
Masa ~5,0 x 1019 kg (estimado)
Densidade media 1,3 g/cm3 (estimada)[4]
Gravidade superficial ~0,06 m/s2 (0,006 g)
Velocidade de escape ~0,16 km/s
Período de rotación sincrónica
Oblicuidade da eclíptica cero
Albedo 0,096[2][3][4]
Temperatura superficial ~51 K de media (estimada)
Magnitude 19,7[4]

Descubrimento editar

 
Mapa de Proteo.

Proteo foi descuberto grazas ás imaxes tomadas pola sonda espacial Voyager 2 durante o seu achegamento a Neptuno no ano 1989. Recibiu a designación temporal de S/1989 N 1. Stephen P. Synnott e Bradford A. Smith anunciaron o seu descubrimento (IAUC 4806) o 7 de xullo do 1989, falaban só de 17 fotogramas tomados ó longo de 21 días, o cal coloca a data do descubrimento algúns días antes do 16 de xuño. O nome foille outorgado o 16 de setembro de 1991.[6]

Características físicas editar

Proteo ten máis de 400 quilómetros de diámetro, máis grande que Nereida, outra das lúas de Neptuno. A pesar do seu tamaño, non foi descuberta polos telescopios terrestres por que está tan próxima ó planeta que o seu brillo perdese no resplandor da luz solar reflectida polo propio Neptuno.

 
Vista simulada de Proteo orbitando Neptuno.

Proteo está cheo de cráteres de impacto, pero non amosa signos de modificacións de tipo xeolóxico. Ten unha forma irregular, pero os expertos pensan que Proteo é tan grande como é posible para un corpo celeste coa súa densidade e forma irregular, se fose un pouco máis grande ou denso, caería nunha forma esférica debido á súa propia gravidade.[7] A lúa de Saturno, Mimas ten unha forma máis esférica tendo unha densidade máis baixa e malia evidentemente ser menos masivo que Proteo.

Notas editar

  1. R.A. Jacobson e W.M. Owen Jr. (2004). "The orbits of the inner Neptunian satellites from Voyager, Earthbased, and Hubble Space Telescope observations". Astronomical Journal 128: 1412. doi:10.1086/423037. 
  2. 2,0 2,1 Williams; Dr. David R. (22-01-2008). NASA (National Space Science Data Center), ed. "Neptunian Satellite Fact Sheet". Arquivado dende o orixinal o 05-10-2011. Consultado o 12-12-2008. 
  3. 3,0 3,1 E. Karkoschka (2003). "Sizes, shapes, and albedos of the inner satellites of Neptune". Icarus 162: 400. doi:10.1016/S0019-1035(03)00002-2. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 JPL (Solar System Dynamics), ed. (13-07-2006). "Planetary Satellite Physical Parameters". Consultado o 09-02-2008. 
  5. P.J. Stooke (1994). "The surfaces of Larissa and Proteus". Earth, Moon ad Planets 65: 31. doi:10.1007/BF00572198. 
  6. "IAU Circular No. 5347". 16 de Setembro de 1991. Consultado o 10-04-2007. 
  7. Michael E. Brown. California Institute of Technology, Department of Geological Sciences, ed. "The Dwarf Planets". Consultado o 09-02-2008. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar