A compañía Prológica Industria e Comércio de Microcomputadores Ltda. foi unha influente empresa de microinformática brasileira que atinxiu o seu auxe a mediados da década de 1980, cando chegou a ser a terceira maior empresa informática do país.[1]

Historia editar

A empresa foi fundada en 1976 por Geraldo Coen, Joseph Blumenfeld e Leonardo Bellonzi, e comercializaba inicialmente máquinas destinadas ó uso en tarefas de contabilidade. Posteriormente a empresa especializouse na produción de equipamentos de informática baseados nos ordenadores da liña TRS-80, da Radio Shack, so o nome xeral de CP (de Computador Persoal). Un dos seus maiores éxitos no campo profesional foi o microcomputador CP 500, compatíbel co TRS-80 Modelo III.[2]

Produtos editar

Computadores domésticos
Computadores profesionais
Periféricos
  • CP450
  • Impresora P 700
  • Impresora P 500
  • Impresora P 500S
  • Impresora P 600
  • Impresora P 720
  • Impresora P 720XT
  • Impresora Antares 400
Produtos desenvolvidos por empresas irmás
  • NE Z80
  • NE-Z8000

Notas editar

  1. "História dos Computadores no Brasil" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2016. Consultado o 20 de setembro de 2016. 
  2. "A História da informática (Parte 6: Sistemas embarcados e supercomputadores)" (en portugués).