CP 500
CP 500 foi un ordenador brasileiro fabricado pola compañía Prológica, baseado e totalmente compatible en hardware e software co ordenador TRS-80 Modelo III, da Tandy Corporation. O modelo inicial foi producido en 1982, e axiña conseguiu grande éxito nas vendas, sendo obxecto de varios artigos en revistas especializadas en informática e electrónica da época, como a revista Micro Sistemas e Nova Eletrônica. O equipo era construído en monobloque, con todos os principais dispositivos de entrada e saída xuntos, e constaba de monitor, unidades de disco e teclado.[1][2]
CP-500 | |
---|---|
Prológica | |
Información xeral | |
Fabricante | Prológica |
Familia | TRS-80 |
Información técnica | |
Sistema operativo | DOS500, CP/M |
Procesador | Z-80 |
Memoria | 16KB ou 48KB |
Almacenaxe | disquete e casete |
Monitor | Monocromático verde |
Gráficos | Semigráficos: 128 x 48 |
Notas
editar- ↑ "CP 500, um sucesso de venda dos anos 80" (en portugués). Consultado o 23 de febreiro de 2016.
- ↑ "CP-500" (en portugués). Retrocomputaria. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 23 de febreiro de 2016.
Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |