O CP 300 era un computador doméstico brasileiro producido pola empresa Prológica a partir de 1983. Era compatible en software e hardware co TRS-80 Modelo III estadounidense, e podía ser considerado unha versión doméstica e máis barata do CP 500, pois que era comercializado coma unha única paza, nun chasis enteirizo no que se agregaban a UCP, cos portos de entrada e saída, mailo teclado. A fonte de alimentación, con todo, era externa.[1][2]

CP-300
Información xeral
FabricantePrológica
FamiliaTRS-80
Información técnica
ProcesadorZ-80
Memoria16KB ou 48KB
Almacenaxedisquete e casete
GráficosSemigráficos: 128 x 48

Características

editar
  • Memoria:
  • Teclado: mecánico simplificado tipo "chiclete", con auto-repetición e 54 teclas, incluíndo dúas teclas vermellas que accionadas en conxunto provocaban un reset na máquina.
  • Display:
    • 16 × 64 texto
    • 16 × 32 texto (expandido)
    • 48 × 128 ("gráfico")
  • Expansión:
    • 1 slot (na traseira)
  • Portas:
    • 1 saída para TV (modulador RF, canle 3)
    • 1 saída para monitor de vídeo
    • Interface de casete
  • Almacenamento:
    • Gravador de casete (a 500/1500 bauds), accionamento remoto por relé
    • Drives de 5 1/4" FS/DD: até catro unidades externas, nun total de 720 KiB
  1. "CP 300" (en portugués). Museu da Computação e Informática - MCI. Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2016. Consultado o 22 de setembro de 2016. 
  2. "Prologica CP 300" (en castelán). Zona de pruebas. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2016. Consultado o 22 de setembro de 2016.