CP 200
O CP 200 era un computador doméstico brasileiro producido pola empresa Prológica a partir de 1982. Era compatíbel en software e hardware co Sinclair ZX81 británico, aínda que fose unha copia menos fidedigna do que as máquinas concorrentes (TK82C e TK83). Foron comercializados dous modelos, que tiñan a aparencia exterior ben similar, mais o primeiro modelo que saíu tiña o logotipo da empresa en altorelevo e o chasis un pouco menor, mentres o segundo modelo tiña unha placa co logotipo na mesma posición. Posteriormente, Prológica redeseñou a caixa, engadiu unha saída para monitor de vídeo, fonte de alimentación externa, e relanzou o produto como "CP200S".[1][2]
CP-200 | |
---|---|
CP 200 Modelo I | |
CP 200 Modelo II | |
Información xeral | |
Fabricante | Prológica |
Familia | Sinclair ZX-81 |
Información técnica | |
Procesador | Z-80A |
Memoria | 16KB ou 48KB |
Almacenaxe | casete |
Gráficos | Semigráficos: 64x44 |
Sucesor | CP 200S |
Características
editar- Memoria:
- Teclado: mecánico simplificado con retorno auditivo, tipo calculadora, con 43 teclas, incluíndo dúas teclas vermellas que accionadas en conxunto provocaban un reset na máquina.
- Monitor:
- 22 X 32 texto (en "vídeo inverso": caracteres claros sobre fondo escuro)
- 64 x 44 ("semi-gráfico")
- Expansión:
- 1 Rañura de expansión de 50 pins (CP200: no lateral; CP200S: na parte traseira)
- Portos:
- 1 saída para TV (modulador RF, canle 3)
- 1 saída para monitor (só no CP200S)
- Interface de casete
- 1 conector para panca de mando
- Almacenamento:
- Gravador de casete (a 500/1500 bauds)
Notas
editar- ↑ "Prologica CP200" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2016. Consultado o 21 de setembro de 2016.
- ↑ "ZX81 Clones from Prologica, Brazil" (en inglés). Consultado o 21 de setembro de 2016.