Proxecto Mercury

primeiro proxecto dos Estados Unidos para poñer un home no espazo
(Redirección desde «Programa Mercury»)

O proxecto Mercury foi o primeiro proxecto dos Estados Unidos para poñer un home no espazo. Foi seguido polo programa Gemini e o proxecto Apollo e xa máis tarde polo programa do transbordador espacial.[1][2]

Logo do proxecto Mercury.

O contratista elixido para construír a cápsula Mercury, deseñada por Max Faget, foi a McDonnell Aircraft. O tamaño e masa da cápsula eran o mínimo imprescindible para levar a un home a órbita dadas as limitacións do foguete elixido para lanzala tripulada, o Atlas LV-3B, e de feito as cápsulas tiñan un peso dun terzo das cápsulas Vostok soviéticas, e mentres as Vostok eran capaces de misións de ata unha semana, as Mercury tiñan unha capacidade de ata 24 horas.[1]

Incluíndo voos de proba e voos orbitais, lanzáronse ou intentáronse lanzar 25 cápsulas Mercury. Tódolos lanzamentos tripulados tiveron éxito, aínda que nalgúns momentos con perigo para o astronauta.[1]

Astronautas editar

 
Astronautas do Proxecto Mercury

Os sete astronautas do proxecto Mercury (coñecidos popularmente como os sete de Mercury) foron os primeiros astronautas estadounidenses, elixidos mediante rigorosas probas. Foron os seguintes:

Historial de lanzamentos editar

Voo[1][2] Data[1][2] Tripulación[1][2] Foguete lanzador[1][2] Resultado[1][2] Notas[1][2]
Mercury-LJ 1 21 de agosto de 1959 N/A Little Joe 1 Fallo. Primeiro voo, de probas, dunha cápsula Mercury.
Mercury-BJ 1 9 de setembro de 1959 N/A Atlas LV-3B Éxito Proba suborbital.
Mercury-LJ 6 4 de outubro de 1959 N/A Little-Joe 1 Éxito Proba suborbital.
Mercury-LJ 1A 4 de novembro de 1959 N/A Little-Joe 1 Fallo
Mercury-LJ 2 4 de decembro de 1959 N/A Little-Joe 1 Éxito Proba suborbital.
Mercury-LJ 1B 21 de xaneiro de 1960 N/A Little-Joe 1 Éxito Proba suborbital.
Mercury BA1 (Mercury 1) 9 de maio de 1960 N/A Mercury-LES Éxito Proba suborbital.
Mercury MA-1 (Mercury 4) 29 de xullo de 1960 N/A Atlas LV-3B Fallo Proba suborbital.
Mercury LJ-5 (Mercury 3) 8 de novembro de 1960 N/A Little Joe 1 Fallo parcial Proba suborbital.
Mercury MR-1 (Mercury 2 F1) 21 de novembro de 1960 N/A Redstone Fallo Proba suborbital.
Mercury MR-1A (Mercury 2 F2) 19 de decembro de 1960 N/A Redstone Éxito Proba suborbital.
Mercury MR-2 (Mercury 5) 31 de xaneiro de 1961 N/A Redstone Éxito Proba suborbital.
Mercury MA-2 (Mercury 6) 21 de febreiro de 1961 N/A Atlas LV-3B Éxito Proba suborbital.
Mercury LJ-5A (Mercury 14) 18 de marzo de 1961 N/A Little Joe 1 Éxito Proba suborbital.
Mercury-MR-BD 24 de marzo de 1961 N/A Redstone Éxito Proba suborbital.
Mercury MA-3 (Mercury 8 F1) 25 de abril de 1961 N/A Atlas LV-3B Fallo Proba suborbital.
Mercury LJ-5B (Mercury 14A) 28 de abril de 1961 N/A Little Joe 1 Fallo parcial Proba suborbital.
Mercury MR-3 (Freedom 7) 5 de maio de 1961 Alan Shepard Redstone Éxito Suborbital. Primeiro estadounidense no espazo.
Mercury MR-4 (Mercury 11, Liberty Bell 7) 21 de xullo de 1961 Virgil Grissom Redstone Éxito Suborbital.
Mercury MA-4 (Mercury 8 F2) 13 de setemrbo de 1961 N/A Atlas LV-3B Éxito Proba orbital.
Mercury MA-5 (Mercury 9) 29 de novembro de 1961 N/A Atlas LV-3B Éxito Proba orbital.
Mercury MA-6 (Mercury 13, Friendship 7) 20 de febreiro de 1962 John Glenn Atlas LV-3B Éxito Primeiro voo tripulado orbital dos Estados Unidos.
Mercury MA-7 (Mercury 18, Aurora 7) 24 de maio de 1962 Scott Carpenter Atlas LV-3B Éxito
Mercury MA-8 (Mercury 16, Sigma 7) 3 de outubro de 1962 Walter Schirra Atlas LV-3B Éxito
Mercury MA-9 (Mercury 20, Faith 7) 15 de maio de 1963 Gordon Cooper Atlas LV-3B Éxito Último voo do proxecto Mercury

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Mark Wade (2011). "Mercury" (en inglés). Consultado o 23 de agosto de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Mercury Flight History" (en inglés). Consultado o 27 de agosto de 2013. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar