Gus Grissom
Virgil Ivan "Gus" Grissom, nado en Mitchell, Indiana, o 3 de abril de 1926 e finado o 27 de xaneiro de 1967, foi un astronauta estadounidense que formou parte das misións Mercury-Redstone 4 e Gemini 3.[1][2]
Gus Grissom | |
---|---|
![]() ![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 3 de abril de 1926 |
Lugar | Condado de Lawrence |
Falecemento | 27 de xaneiro de 1967 |
Cónxuxe | Betty Grissom |
Actividade | |
Misións | Mercury-Redstone 4 e Gemini 3 |
Tempo no espazo | 0,21 días |
Premios | Distinguished Flying Cross, Medalla do Aire, Medalla de Honra Espacial do Congreso, Medalla o Servizo Excepcional da NASA, Nacional Aviación Hall of Fame, United States Astronaut Hall of Fame e Medalha de Serviço Distinto da NASA |
[ editar datos en Wikidata ] |
TraxectoriaEditar
Grissom graduouse en enxeñería mecánica pola Universidade Purdue. Recibiu as súas ás como membro da Forza Aérea en marzo de 1951. Acadou o rango de tenente coronel, voou en 100 misións de combate na guerra de Corea. Ao seu regreso aos Estados Unidos, en 1952, foi nomeado instrutor de avións a reacción en Bryan (Texas). En agosto de 1955 entrou no Instituto Tecnolóxico da Forza Aérea na base Wright-Patterson, en Ohio. En outubro de 1956 deu clases na escola de pilotos de proba da base Edwards, voltando a Wright-Patterson en maio de 1957 como piloto de probas.[1][2]
Grissom foi un dos sete astronautas seleccionados pola NASA en abril de 1959 para o proxecto Mercury. Pilotou a cápsula Liberty Bell 7 durante a misión suborbital Mercury-Redstone 4 o 21 de xullo de 1961, un voo que durou 15 minutos e 37 segundos. Foi comandante da primeira misión tripulada do programa Gemini o 23 de marzo de 1965, a Gemini 3, unha misión na que a cápsula deu tres voltas á Terra.[1][2]
Virgil Grissom faleceu o 27 de xaneiro de 1967 durante unha proba en terra da cápsula Apollo ao incendiarse o seu interior e non poder escapar. En honor aos astronautas falecidos a proba sería denominada Apollo 1.[1][2]
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Mark Wade (2020). "Grissom, Virgil Ivan 'Gus'" (en inglés). Consultado o 3 de maio de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 NASA, ed. (decembro de 1997). "VIRGIL I. GRISSOM (LIEUTENANT COLONEL, USAF)NASA ASTRONAUT (DECEASED)" (PDF) (en inglés). Consultado o 3 de maio de 2020.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gus Grissom |