Gordon Cooper
Leroy Gordon "Gordo" Cooper Jr., nado en Shawnee, Oklahoma, o 6 de marzo de 1927 e finado o 4 de outubro de 2004 en Ventura, California, foi un astronauta norteamericano.[1][2]
Gordon Cooper | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 6 de marzo de 1927 |
Lugar | Shawnee |
Falecemento | 4 de outubro de 2004 |
Cónxuxe | Trudy Olson |
Actividade | |
Misións | Mercury-Atlas 9 e Gemini 5 |
Tempo no espazo | 9,38 días |
Premios | Distinguished Flying Cross, Lexionario da Lexión do Mérito, Harmon Trophy, United States Astronaut Hall of Fame, Medalha de Serviço Distinto da NASA e International Space Hall of Fame |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traxectoria Editar
Cooper completou os seus estudos de primaria e secundaria entre o seu fogar natal, Shawneee, e Murray (Kentucky). Graduouse en enxeñería aeronáutica polo Instituto Tecnolóxico da Forza Aérea en 1956. Recibiu un doutoramento honorario en ciencias pola Universidade da cidade de Oklahoma en 1967.[1][2]
Cooper xa era coronel da Forza Aérea cando foi seleccionado como astronauta do proxecto Mercury en abril de 1959. Entre o 15 e o 16 de maio de 1963 pilotou a cápsula Faith 7 durante a misión Mercury-Atlas 9, a última da serie de voos Mercury, cunha duración de 34 horas e 20 minutos. Foi tamén piloto da misión Gemini 5, que foi lanzada o 21 de agosto de 1965 e tivo unha duración de 190 horas e 56 minutos. Foi piloto de reserva para a misión Gemini 12 e comandante de reserva para a misión Apollo 10. Retirouse da NASA e da Forza Aérea en 1970.[1][2]
Notas Editar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2019). "Cooper, Leroy Gordon Jr 'Gordo'" (en inglés). Consultado o 23 de abril de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (xullo de 1999). "LEROY GORDON COOPER, JR. (COLONEL, USAF, RET.) NASA ASTRONAUT (DECEASED)" (PDF) (en inglés). Consultado o 23 de abril de 2019.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gordon Cooper |