A cápsula Mercury foi a nave tripulada do proxecto Mercury.[1][2][3]

Esquema do interior dunha cápsula Mercury.

Características editar

A cápsula Mercury foi a primeira nave tripulada dos Estados Unidos. Era monopraza e tiña unha masa de 1355 kg con propelente e 1136 kg baleira. Os seus motores, usados unicamente para retropropulsión para a reentrada atmosférica, xeraban 13,33 kN de pulo. Tiña un volume habitable de 1,70 m3, cunhas dimensións de 3,51 m de altura e un diámetro máximo de 1,89 m. O seu sistema eléctrico xeraba 0,54 kW de media.[1][2][3]

A cápsula deseñouse para ser o máis pequena posible e poder ser lanzada tripulada a órbita mediante foguetes Atlas LV-3B. Previamente aos voos orbitais tripulados lanzáronse 17 cápsulas non tripuladas mediante foguetes Little Joe 1, Redstone MRLV e Atlas LV-3B. Seguíronlle dous voos suborbitais tripulados mediante foguetes Redstone e dúas probas orbitais non tripuladas lanzadas con Atlas LV-3B, despois das cales John Glenn, a bordo da cápsula Friendship 7 na misión Mercury-Atlas 6, se converteu no primeiro estadounidense en órbita. Seguíronlle tres astronautas máis nas súas respectivas misións antes do fin do proxecto Mercury. Aínda que se estudaron evolucións da cápsula Mercury, a NASA elixiu usar a súa experiencia para dar lugar ao programa Gemini.[1][2][3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Mercury" (en inglés). Consultado o 13 de setembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Mercury" (en inglés). Consultado o 13 de setembro de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Mark Wade (2020). "Mercury Capsule" (en inglés). Consultado o 13 de setembro de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar