Proceso isoentrópico

En termodinámica, un proceso isoentrópico (combinación da palabra grega "iso" - igual - e "entropía") é aquel no que a entropía do sistema permanece constante.

De acordo coa Segunda Lei da Termodinámica:

onde é a cantidade de enerxía que o sistema gaña por quecemento, a temperatura do sistema, e o cambio na entropía. O símbolo de igualdade implicaría un proceso reversíbel. Nun proceso isentrópico reversíbel non hai transferencia de enerxía calorífica, e polo tanto o proceso é tamén adiabático. Nun proceso adiabático irreversíbel, a entropía aumentará, de modo que é necesario eliminar a calor do sistema (mediante refrixeración) para manter unha entropía constante. Polo tanto, un proceso isentrópico irreversíbel non pode ser adiabático.