Prisco de Panio

Prisco (en latín, Priscus, e en grego Πρίσκος) nado en Panium, Tracia, arredor de 410[1][2] e finado despois de 472,[2] foi un político, sofista e historiador bizantino do século V.[1][2] É autor dunha Historia bizantina en sete libros que resulta especialmente interesante pola información sobre os hunos.

Prisco de Panio
PriscusofPanium.jpg
Nacemento410
Lugar de nacementoPanion
Falecemento471
NacionalidadeImperio Bizantino
Ocupacióndiplomático, historiador, orador, escritor e filósofo
Coñecido porHistory
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Acompañou a Maximino o embaixador de Teodosio II á corte de Atila en 448.[1][2] Durante o reinado de Marciano (450-457) tamén formou parte de misións a Arabia e Exipto.

Prisco foi o autor dunha obra histórica en oito libros (Ιστορία Βιζαντικὴ καὶ κατὰ ̓Αττήλαι; coñecida como a Historia Bizantina), probabelmente desde a entronización de Atila á de Zenón (433-474). Só quedan fragmentos da súa obra, en gran parte preservados na Getica de Xordanes, pero a descrición de Atila e a súa corte e o informe da recepción dos embaixadores romanos é unha valiosa peza de historia contemporánea, os seus escritos son imparciais e obxectivos, cousa pouco usual. Consérvanse fragmentos extensos por apareceren citados por Constantino Porfiroxéneta e outros autores.

Na Suídas indícase que tamén escribiu Μελεταὶ ̔Ρητορικαί (Declamationes Rhetoricae e Epistolae), unha obra xa perdida.

Tanto Xordanes como Xuvenco aproveitaron moita información da obra de Prisco.

Os restos das súas obras, consérvanse en tres coleccións principais:

  • Ludwig Dindorf : Historici Graeci Minores (Leipzig, B.G. Teubner, 1870) (en grego)
  • C.D. Gordon : The Age of Atila: Fifth-century Byzantium and the Barbarians (Ann Arbor, University of Michigan Press, 1960) (en inglés con comentario e notas).
  • Blockley, R.C.: The Fragmentary Classicising Historians of the Later Roman Empire, vol. II (ISBN 0-905205-15-4) (inclúe fragmentos doutros historiadores, incluído Olimpiodoro de Tebas)

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 Chisholm (1911), Priscus , p. 361
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Kazhdan (1991), "Priskos", p. 1721

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Chisholm, Hugh, ed. (1911). "Priscus". Encyclopædia Britannica (en inglés) 22 (11ª ed.). Cambridge: Cambridge University Press. 
  • Kazhdan, Alexander Petrovich , ed. (1991). The Oxford Dictionary of Byzantium (en inglés). Oxford / Nova York: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-504652-6. 

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar