Premio de Relatos Mulleres Progresistas
O Premio de Relatos Mulleres Progresistas foi un certame literario organizado pola Asociación Mulleres Progresistas de Vigo, subvencionado pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, con Lucía Molares, Iolanda Veloso e María Xesús Lago como concelleiras[1] O Premio de Relatos Mulleres Progresistas foi convocado por vez primeira vez no ano 2006, vindo substituír o Premio Novela de Mulleres Progresistas, co obxectivo de animar e fomentar a escrita de narrativa en galego por mulleres.[2]
O certame, aberto a todas as mulleres de calquera nacionalidade ou cultura, abarcaba tres premios: 1º Premio de 500 Euros, figura e diploma; 2º Premio de 250 Euros e diploma; 3º Premio: 150 Euros e diploma. Os relatos, de tema libre debían ser orixinais e inéditas, escritas en galego normativo, cunha extensión mínima de 15 páxina e máxima de 30.[3][4]
A partir do 2012 mudou no Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas.
Premios outorgados editar
Estes son os premios outorgadoas de 2007 a 2011:[1]
I Edición 2007 editar
- 1º Premio, Mans coma nubes, de Rosa María Llorente Suárez.
- 2º Premio, O soño do peneque, de Pilar Ortega Pereiro
II Edición 2008 editar
- 1º Premio, Miserere, de Fátima Peón Torres
- 2º Premio, Surrealidades, de Clara do Roxo
- 3º Premio, Pel de pataca, de Mar Guerra Cid
Finalistas:
- Renovación, de Josefa de la Esperanza Mandado Estévez
- Farakha, de María Cristina Pavón Mauriz
III Edición 2009 editar
- 1º Premio, Terapia mnémica, de María Cristina Pavón Mauriz
- 2º Premio, O último abril, de María Xosé Castelao Lestón
- 3º Premio, Tesalónica, de Teresa Barberena Fernández
Mención especial:
- Coherencia, de María Cristina Pavón Mauriz
IV Edición 2011 editar
- 1º Premio, Bonecas, de Beatriz Lorenzo López
- 2º Premio, Ruído branco, de María Cristina Pavón Mauriz
- 3º Premio, O Carteiro, de María Xosé Castelao Lestón
Mención especial:
- Miseria, de Soledad Agra Tunas
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 Agra Tuñas, Soledad (2011). Obras breves de imaxinación: obras gañadoras do Premio de Relatos "Mulleres Progresistas" 2007-2011 (en Galician). A Coruña: Baía. ISBN 9788499950129. OCLC 796311403.
- ↑ "Obras breves de imaxinación |Baía Edicións | LG3 | O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2019-05-20.
- ↑ "Convocado o IV premio de relatos Mulleres Progresistas | ::Axenda cultural AELG::". axendacultural.aelg.gal. Consultado o 2019-05-20.
- ↑ "IV premio de relatos Mulleres Progresistas . certames.culturagalega.org - O portal da cultura galega". culturagalega.gal. Consultado o 2021-05-09.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- AA.VV (2011). Obras breves de imaxinación: obras gañadoras do Premio de Relatos Mulleres Progresistas 2007-2011. A Coruña: Baía edicións. ISBN 978-84-9995-012-9