Premio de Novela Mulleres Progresistas de Vigo

O Premio de Novela Mulleres Progresistas de Vigo foi un certame literario organizado pola Asociación Mulleres Progresistas de Vigo e subvencionado pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo con Ana Gandón, María Xosé Porteiro e Maite Fernández de concelleiras[1]. Tiña como obxectivo fomentar as inquedanzas literarias femininas en igualdade de oportunidades para promover a súa participación en diversas manifestacións culturais e sociais, animándoas a escribir en galego, potenciando así a creación literaria.[2]

O certame, aberto a todas as mulleres de calquera nacionalidade, estaba dotado cun único premio de 1.500 euros.[3]As novelas, de tema libre debían ser orixinais e inéditas, escritas en galego normativo, cunha extensión mínima de 150 páxinas[4]

En 2006 decidiuse transformar o certame en Premio de Relatos Mulleres Progresistas para facilitar unha maior participación de escritoras[1]. En 2013 converteuse no Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas.

Premios outorgados editar

Este premio tivo seis edicións, a primeira en 1997 e a última en 2005. Dúas das obras premiadas chegaron a ser publicadas en editoriais profesionais. Tempos agradables, de Conchi Reguerio (Edicións do Cumio, 2002) e Caderno de bitácora, de María Reimóndez (Edicións Positivas, 2004)[1]

  • I Edición (1997): O tempo pasado, de María G. Iáñez
  • II Edición (1999): Irse de crápula, de Paula Mª Saavedra Fernández
  • IV Edición (2003): Caderno de Bitácora, de María Reimóndez.[5]
  • V Edición (2004): Deserto
  • VI Edición (2005): Deserto

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Agra Tuñas, Soledad (2011). Obras breves de imaxinación: obras gañadoras do Premio de Relatos "Mulleres Progresistas" 2007-2011 (en Galician). A Coruña: Baía. ISBN 9788499950129. OCLC 796311403. 
  2. 2,0 2,1 "A novela ”Tempos agradables” recibe o premio Mulleres Progresistas". xornal.vigo.org. Consultado o 2019-05-20. 
  3. "Mulleres Progresistas amplía el plazo de su premio de novela". La Voz de Galicia (en castelán). 2005-01-25. Consultado o 2019-05-20. 
  4. "IV Premio de Novela Mulleres Progresistas de Vigo | certames | culturagalega.org | O portal da cultura galega". culturagalega.gal. Consultado o 2019-05-20. 
  5. "Ana Gandón entrega o premio de novela Mulleres progresistas". xornal.vigo.org. Consultado o 2019-05-20. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar