Conchi Regueiro

escritora galega de ciencia ficción


María Concepción Regueiro Digón, nada en Lugo en 1968, é unha escritora galega de ciencia ficción,​ máis coñecida como Conchi Regueiro.[1]

Infotaula de personaConchi Regueiro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María Concepción Regueiro Digón Editar o valor em Wikidata
1968 Editar o valor em Wikidata (55/56 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , escritora de ciencia ficción Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoCiencia ficción Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Regueiro é diplomada en traballo social e pedagoga, á vez que se dedicou á docencia en cursos de formación ocupacional permanente.[2]

A súa obra ten perspectiva feminista e recolle os estereotipos de xénero conservadores, intercalando obras en galego e en castelán.[3] En galego, a súa primeira publicación, en 2002, foi unha novela para adultos, Tempos agradables, pero continuou escribindo libros de literatura non realista, de ciencia ficción e fantasía para público infantil e xuvenil como Un marciano neste mundo (2004), O tesouro das ánimas (2011), e con incursións no terror como A herdanza do marqués (2009), e a súa continuación A cerna do segredo (2014).[4]

En castelán publicou narrativa para adultos, a recompilación La estirpe de Tordón (2005), que recolle dúas novelas curtas e dous relatos; e novelas de ciencia ficción, como Reclutas de guerras invisibles (2006) en formato web, escrita en forma de ucronia, estilo ó que tamén se achega nos contos «Erundina Salvadora», na edición de 2008 do Fabricantes de sueños e «El enemigo en casa» en Historias del Crazy Bar.[5][6] Publica a súa novela Vistas al río (2007) na Colección Mitilene de Ellas Editorial, melodrama con tinguiduras sociais, seguido de La moderna Atenea (2008), e Los espíritus del humo (2017).[7] Estas dúas últimas obras teñen en común a combinación dunha ciencia ficción clásica de raíz anglosaxoa, por unha banda, e por outro, a temática social da España de finais do século XIX.

Regueiro foi xurado nos 6º e 7º Premios Meiga Moira, de Literatura Infantil-Xuvenil convocado por Baía Edicións en  2014 e 2016 respectivamente.[8][9]

Obra editar

En galego
  • Tempos agradables (2002)
  • Un marciano neste mundo (2004)
  • A herdanza do marqués (2009)
  • O tesouro das ánimas (2011)
  • A cerna do segredo (2014)
En castelán
  • La estirpe de Tordón (2005)
  • Vistas al río (2007)
  • La moderna Atenea (2007)
  • Reclutas de guerras invisibles (2011)
  • Historias del Crazy Bar y otros relatos de lo imposible (2012)
  • Visiones 2016 (2016)
  • Los espíritus del humo (2017)

Notas editar

  1. Robles, Lola (2 de outubro de 2008). "FANTÁSTIKAS: Sobre Conchi Regueiro". FANTÁSTIKAS. Consultado o 27 de novembro de 2017. 
  2. Cid, Loli (9 de maio de 2011). "Conchi Regueiro". Consultado o 27 de novembro de 2017. 
  3. "Lola Robles: Un mundo por delante de su lastre: escritoras españolas de ciencia ficción". www.barcelonareview.com. Consultado o 28 de novembro de 2017. 
  4. Robles, Lola (4 de abril de 2010). "FANTÁSTIKAS: ENTREVISTA A CONCHI REGUEIRO SOBRE SU NOVELA "LA MODERNA ATENEA"". FANTÁSTIKAS. Consultado o 15 de xaneiro de 2018. 
  5. "¡¡Ábrete libro!! - Foro sobre libros y autores • Ver Tema - LA MODERNA ATENEA, de Conchi Regueiro, en AJE". 
  6. "Sesión Especial del Taller de Literatura “Fantástikas”". 
  7. "Invitada: María Concepción Regueiro Digón - Hispacón 2013". Hispacón 2013 (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2018. Consultado o 15 de xaneiro de 2018. 
  8. "Héctor Cajaraville Araujo gaña o 7.º Premio Meiga Moira 2016 de Literatura Infantil-Xuvenil convocado por Baía Edicións | ::Axenda cultural AELG::". Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2018. Consultado o 26 de marzo de 2018. 
  9. "Andrea Maceiras gaña o 6.º Premio Meiga Moira, de 2014 | ::Axenda cultural AELG::". Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2018. Consultado o 26 de marzo de 2018.