Pilar Ortega Pereiro
profesora e escritora galega
Pilar Ortega Pereiro, nada en Vigo en 1975, é unha profesora de tecnoloxía e escritora galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1975 (48/49 anos) Vigo, España |
Educación | Universidade de Vigo |
Actividade | |
Ocupación | escritora, profesora |
Premios | |
Traxectoria
editarTitulada en Enxeñaría industrial pola Universidade de Vigo, exerce dende o ano 2001 como profesora de ensino secundario na especialidade de Tecnoloxía. Desenvolve o seu labor docente no IES da Guía en Vigo.
Obras
editar- Virxinia (2008). Vigo: Ed. Xerais. ISBN 978-84-9782-870-3.[1]
- Principio de Incerteza (2018). Vigo: Ed. Xerais. ISBN 978-84-9121-380-2[1]
- O segredo de Al'eume (2021). Arzúa: Ed. Cuarto de Inverno. ISBN 978-84-124586-0-2.
Obras colectivas
editar- "París de oito a nove", Colección relatos II Certame Os Viadutos (Ed. Xerais 2002)[1]
- "O soño do Peneque", Obras da Imaxinación (Baía Edicións)[1]
- "Sereo", Relatos na rúa III (Ed. Elvira, 2016)[1]
- "A canción de Guiomar", Relatos na rúa IV (Ed. Elvira, 2017)
- "Vigófono", Relatos na rúa V (Ed. Elvira, 2018)
- "Noites de voda (ou non)", Relatos na rúa VI (Ed. Elvira 2019)
- "El amor en los tiempos del covid", Relatos na rúa VII (Ed. Elvira 2021)
Premios
editar- Primeiro premio de relato curto no II Certame de Relatos Curtos Os Viadutos do Concello de Redondela, por "París de oito a nove" (2001).
- Segundo Premio de relato curto no II Certame Mulleres Progresistas de Vigo, por "O soño do peneque" (2007).
- Finalista no II Certame literario de novela curta Villa de Oria do concello de Oria por "La hacienda del buen suceso".
- Segundo Premio no I Certame de micronovela do Concello de Soutomaior, por "Virxinia" (2008)
- Premio no XII Certame de microrrelato Carlos Casares convocado polo Liceo de Ourense, por "Gangrena"[2] (2014)
- Premio no Certame de microrrelato convocado pola Universidade de Vigo a propósito do IYL[3], por "A luz do Universo" (2015)
- Accésit no III Certame de relatos Vigo Histórico convocado pola Editorial Elvira, por "Sereo" (2016)
- Premio no XIX Certame de Narración Curta Ánxel Fole, por "Principio de incerteza" (2017) [4]
- Accésit no V Certame de relatos de Vigo Histórico convocado pola Editorial Elvira co relato "Vigófono" (2018)
- Accésit no VI Certame de relatos de Vigo Histórico convocado pola Editorial Elvira co relato "Noites de voda(o non)" (2019)
- IV Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil por "O segredo de Al´eume" (2021).[5]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Ficha da autora na Editorial Xerais
- ↑ "Pilar Ortega gaña o II Certame Carlos Casares". Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2017. Consultado o 06 de maio de 2017.
- ↑ "International Year of Light 20015". Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2015. Consultado o 06 de maio de 2017.
- ↑ "Pilar Ortega gaña o XIX Certame Ánxel Fole". Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2017. Consultado o 06 de maio de 2017.
- ↑ Buela, Ana (2021-09-15). "A enxeñeira, profesora de tecnoloxía e escritora Pilar Ortega Pereiro gaña o IV Premio María Victoria Moreno convocado polo Concello e Cuarto de Inverno". Concello de Pontevedra. Consultado o 2021-09-16.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pilar Ortega Pereiro |