O Premio Boscán de Poesía foi creado en 1949 polo Instituto de Estudos Hispánicos de Barcelona, onde existía o seminario de poesía Boscán. Dende 1948 o Instituto desenvolveu as súas actividades na cidade como delegación do Instituto de Cultura Hispánica de Madrid e posteriormente pasou a denominarse Instituto Catalán de Cultura Hispánica (1968) e Instituto Catalán de Cooperación Iberoamericana (1979). O Premio Boscán, ao igual que lle ocorreu ao Premio Adonáis, tivo unha primeira época de esplendor, na que contribuíu ao lanzamento e difusión de importantes autores da posguerra española (Alfonso Costafreda, Blas de Otero, José Agustín Goytisolo, José Manuel Caballero Bonald, Carlos Sahagún), para pasar despois a un segundo plano dentro do panorama dos premios poéticos.

Lista de autores e libros galardoados editar