Praza dos Nobres Croatas

Coordenadas: 45°48′42″N 15°59′00″L / 45.8117, 15.9834

A Praza dos Nobres Croatas (en lingua croata: Trg Hrvatskih velikana) é unha praza da cidade de Zagreb, na República de Croacia. Foi proxectada no ano 1923 para urbanizar a parte nova oriental da cidade e foi rematada a súa construción en 1928.

Praza dos Nobres Croatas na década de 1930.

LocalizaciónEditar

A rúa Draškovićeva fica no lado occidental da praza, no lado norte comeza a rúa Martićeva. A liña eléctrica do tranvía atravesa o medio da praza e vai dar á rúa de Franjo Rački. Fronte á rúa de Franjo Rački vai dar á Praza das Vítimas do Fascismo.

HistoriaEditar

A área da actual da praza non foi urbanizada até o final da primeira guerra mundial e mentres tanto a área ficou como un parque de feiras. A praza está formada por dous edificios simetricamente construídos en 1927: o Palacio da Bolsa, (obra do arquitecto Viktor Kovačić), hoxe usado polo Banco Nacional de Croacia, e o segundo Palacio (obra do arquitecto Aladar Baranyai) é usado hoxe en día pola Secretaría de Estado para os croatas no Exterior. No lado occidental da praza fican catro vivendas unifamiliares que van ao longo da rúa Draškovićeva. Na esquina da rúa Jurišićeva encontramos un edificio residencial do ano 1929 (feito polo arquitecto modernista Bela Auer), e ao lado deste fica outro edificio do ano 1931 (feito polo arquitecto Paul Deutsch). No lado norte da praza, na esquina da rúa Draškovićeva, hai un edificio comercial e residencial feito no ano 1928 (feito polo arquitecto Hugo Erlich). Próximo a esta hai unha serie de edificios que continúan pola rúa Martićeva.

En 1995, a praza foi decorada con dúas grandes fontes triangulares a fronte do edificio do Banco Nacional de Croacia e da Secretaría de Estado dos croatas residentes no Exterior. Estas fontes triangulares foron feitas polo arquitecto Mihajlo Kranjc.

Nomes anteriores da prazaEditar

A Praza dos Nobres Croatas é unha das prazas máis destacadas, principais e céntricas da cidade de Zagreb. O seu nome foi moitas veces cambiado de acordo cas circunstancias políticas da época desde a súa construción en 1928 [1]:

NotasEditar

  1. Josip Bilić, Hrvoje Ivanković; Miroslav Krleža lexiografiska institut (2006), "Zagrebački leksikon: M-Ž" (ISBN 9531574855)

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Atlas of Zagreb (M-Ž). "LZMK", Zagreb 2006, p. 430-431.