Praza do Inferniño
Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A praza do Inferniño é unha parte do ensanche A, situada en Ferrol, onde antigamente estaba o Estadio Manuel Rivera, do Racing de Ferrol.
Historia
editarTras a demolición do estadio a finais do século XX, logo da construción do estadio da Malata, decidiuse urbanizar a praza do Inferniño, crear o centro comercial Portanova e o centro cultural Carvalho Calero. A construción rematouse en 1994 e consta de zona deportiva e zona de lecer e parque infantil con bambáns, escorregadoiros e outras actividades. Anteriormente tamén tiña un quiosco da música que se eliminou para gañar espazo. Na actualidade[cando?] utilízase como zona de concertos e diversas actividades deportivas. Consta dunha pista de baloncesto mini, outra de baloncesto adulto e unha pista de fútbol sete. No parque hai unha gran variedade de árbores (cerdeiras palmeiras etc.). No centro comercial Portanova hai un supermercado e tendas diversas.